El ciudadano ilustre é un filme arxentino de 2016 dirixido por Gastón Duprat e Mariano Cohn. Foi escollido para competir polo León de Ouro na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia. En Venecia, Oscar Martínez gañou a Copa Volpi ó mellor actor. Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Gañou o premio ó mellor filme iberoamericano nos Premios Platino.
Sinopse Daniel Mantovani, gañador do Premio Nobel de Literatura, que leva décadas vivindo en Europa, acepta a invitación do seu lugar natal na Arxentina para recibir un premio. No seu país, o protagonista atopa tanto semellanzas como diferenzas irreconciliables coa xente da súa aldea.
Personaxes Oscar Martínez como Daniel Mantovani Dady Brieva como Antonio Andrea Frigerio como Irene Belén Chavanne como Julia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de España