O Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019 foi a 8ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 20 e o 21 de setembro de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.
Itinerario Constou de dez treitos, comezando o venres cun tramo curto no Castro de Beiro, e disputándose o resto de treitos o sábado, sendo estes San Miguel-Luíntra, Canaval-Sober e Vilanova-Luíntra, con tres pasadas a cada un deles. Esta foi a primeira vez que na que o rally incluíu tramos na provincia de Lugo.
Inscritos Inscribíronse 143 equipos, dos que finalmente foron autorizados a tomar a saída 136, destacando as presenzas dos favoritos, Víctor Senra, Alberto Meira e Iago Caamaño, así como outros pilotos de renome como Luis Vilariño, Tino Iglesias ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña. Víctor Senra chegou a este rally con grandes opcións de proclamarse por terceira vez campión de Galicia de Rally bastándolle cun cuarto posto para logralo.
Resumo Víctor Senra foi quen marcou o mellor tempo no primeiro treito, mentres que se repartiu con Alberto Meira os seguintes, chegando líder ao último, pero con menos de tres segundos sobre Meira. Con todo, na última pasada do rally, Meira saíuse da pista e Senra alzouse coa vitoria. Iago Caamaño, que estaba asentado comodamente na terceira posición, tamén se saíu da estrada no último tramo, polo que finalmente subiron ao podio Jorge Pérez Oliveira (2º) e Luis Vilariño (3º). Deste xeito Víctor Senra gañou por segunda vez o Rally Ribeira Sacra e proclamouse por terceira vez campión de Galicia de rally a falta de dúas probas por disputarse. Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra David VázquezCitroën C3 R5Yacar Racing58:43.5872 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport1h02:34.4963 Luis Vilariño Néstor CasalCitroën DS3 R5Lalín Deza1h02:35.6294 Antonio Fernández Alejandro LópezPeugeot 208 N5Meira1h03:12.8355 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h03:18.1496 Javier Martínez Marcos FernándezRenault 5 GT TurboCarracedo Competición1h03:29.8137 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo1h03:40.7398 Celestino Iglesias Duarte Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h04:22.6539 David Rivas Manuel RaídoCitroën C2RVS Motorsport1h04:31.60810 Santiago García José PintorPeugeot 208 R2Senra Sport1h04:32.81111 Álvaro Pérez Brais MirónPeugeot 208 VTI R2Santiago1h04:39.84212 Isaac Durán Hugo VarelaPeugeot 206Surco1h05:54.77913 Jorge García Carmen BorrajoPeugeot 106 Kit CarT. Martínez Racing1h05:56.11814 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h05:56.40615 Marcos Díaz Víctor LópezFord Sierra CosworthSarria Motor1h06:15.09416 Domingo Molinos Alejo SoutoPeugeot 208 R5Berberecho1h06:30.42817 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h06:30.63018 Iván Raña Diego RodríguezMitsubishi Lancer Evo IXPTC Escuela1h06:31.09019 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h06:31.58220 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h06:41.61621 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h07:19.90522 Fermín Sousa Carmen GonzálezRenault 5 GT TurboCarracedo Competición1h07:46.38823 Ramón Xosé Piso José Rubén NimoPeugeot 206 XSBerberecho1h07:46.84024 Pablo Gómez Manuel BarreiroBMW 318 E30Berberecho1h07:57.69725 Jon Rodríguez Iago RivasFord Fiesta R2 +Taller Competición1h08:05.56026 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h08:06.14627 Luis Aragonés Cuko BañobreRenault Twingo R2 EvoOurense1h08:21.96528 Pablo Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h08:22.36629 Miguel Alonso Samuel EnríquezSeat Ibiza Cupra TDIPontevedra 1984 Team1h08:33.58630 Daniel Anido Adrián NúñezCitroën SaxoPTC Escuela1h09:01.17231 Álvaro Rodríguez Sergio VigoBMW M3 E36Galicia Motorsport1h09:08.65432 Miguel Ángel Caeiro Sergio IglesiasPeugeot 106 S16Cuntis V.T.1h09:09.39333 Diego Félix Javier MenorPeugeot 206 XSOurense1h09:25.44434 José Luis García María VillarRenault Clio WilliamsSenra Sport1h09:28.53535 José Cambeiro José Gabriel GonzálezBMW E30Galicia Motorsport1h09:34.27136 Jacobo Campos Cristian CamposCitroën SaxoDona Urraca1h10:02.47537 Diego González Diego García DíazCitroën Saxo VTSMoeche1h10:04.61538 Miguel Villares Xosé Manuel SobradoPeugeot 208 R2Sarria Motor1h10:12.14139 Alberto González Jesús CalvoPeugeot 206 RCOurense1h10:52.36440 Diego Coto Alejandro VaqueiroCitroën SaxoMRT1h11:04.239
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra de 2019 en ewrc.com .
Categoría:Rally Ribeira Sacra Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally