O Rally Botafumeiro de 2019 foi a 27ª edición de dito rally e a sexta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 10 e o 11 de agosto de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.
Itinerario Constou de once treitos, comezando o venres nos arredores do Estadio de San Lázaro con dúas pasadas a un tramo espectáculo, e disputándose o resto de treitos o sábado, por Souto de Vea (A Estrada), Vedra e Aríns, con tres pasadas a cada un deles.
Inscritos Inscribíronse 134 equipos, destacando as presenzas do líder do campionato, Víctor Senra, e dos seus dous máximos rivais polo título, Alberto Meira e Iago Caamaño, así como outros pilotos de renome como Luis Vilariño, Luis Penido ou o campión do mundo de tríatlon Iván Raña.
Resumo Iago Caamaño comezou liderando o venres nas dúas pasadas ao treito espectáculo de San Lázaro, pero xa no primeiro tramo do sábado Víctor Senra subiu ao primeiro posto da clasificación, que xa non abandonaría até o final da proba. Marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos do sábado para rematar con máis de 35 segundos de vantaxe sobre Caamaño, segundo, e case dous minutos sobre o terceiro, o portugués Ricardo Costa. Alberto Meira tivo que retirarse por problemas co embrague. Foi a sétima vitoria de Senra neste rally (a sexta consecutiva) e quedou a un paso do seu terceiro título autonómico, ao dobrar en puntos ao segundo.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra David VázquezCitroën C3 R5Yacar Racing1h08:55.9932 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín Deza1h09:31.9353 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca1h10:53.4874 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1h13:31.3045 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport1h13:41.5516 Antonio Fernández Alejandro LópezPeugeot 208 N5Miño-Lugo1h14:26.6527 Luis Penido Sergio CancelaMitsubishi Lancer Evo VISantiago1h15:01.0418 José Manuel Pazos David CalvoFord Fiesta R2Cuntis V.T.1h15:29.5159 Celestino Iglesias Duarte Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h15:31.36410 Alberto Nimo José Antonio PintorMitsubishi Lancer Evo XLalín-Deza1h16:26.06911 Iván Raña Javier RamosMitsubishi Lancer Evo IXPTC Escuela1h17:13.58012 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h17:25.08213 Manuel Bouzas Ángel CastroRenault Clio SportSantiago1h17:25.65914 Marcos Díaz Víctor LópezFord Sierra RS CosworthSarria Motor1h18:05.76215 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h18:30.85216 Daniel Gandoy María SueirasPeugeot 106 GTISiroco Narón1h18:53.14217 Sergio Tabeayo Eduardo MosqueraCitroën C2 GTLalín-Deza1h19:02.36318 Francisco Pazos Adriana ÁlvarezCitroën Saxo VTSLeiro Desguaces1h19:04.70519 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h19:09.17820 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h19:26.75521 Aitor Pico María José ChaoPeugeot 106 GTIScratch Fene1h19:42.31622 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h19:46.56523 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h19:53.91124 Miguel Ángel Caeiro Sergio IglesiasPeugeot 106 S16Cuntis V.T.1h20:06.68925 Francisco Cotón Esteban ReyPeugeot 106 GTILalín-Deza1h20:26.88026 Jesús Seoane Unai CondeBMW 325i E30Touro Motor1h21:13.54027 David González Rubén BreaPeugeot 106 GTITouro Motor1h21:19.13928 Marcos Maceiras Manuel RaídoCitroën Saxo VTSCuntis V.T.1h21:19.43929 Jacobo Campos Cristian CamposCitroën Saxo VTSDona Urraca1h21:32.73630 Juan Carlos Sanmartín José Luis SánchezMitsubishi Lancer Evo VIIILangreo Motor Club1h21:47.26731 Delfino Ramos José SoutoCitroën AX GTIMelide Motorsport1h21:53.29532 Diego Piñeiro Francisco PiñeiroPeugeot 206 XSBerberecho1h21:57.97033 Antonio Pérez Anxo RamosPeugeot 206 RCGalicia Motorsport1h22:17.62334 Diego Cabanelas Daniel MonteagudoCitroën C2 GTDesguaces Tino Racing1h22:35.59435 Javier Eiras Álvaro GarcíaCitroën Saxo VTSBerberecho1h22:48.01936 Juan Carlos García Rafael PortasPeugeot 106 GTICongostra Team Sanxenxo1h23:18.52537 Diego González Diego García DíazCitroën Saxo VTSMoeche1h23:41.43938 Jorge Garnelo Javier MartínezPeugeot 106 SportOne Seven1h23:49.68739 Brais García Adrián FilgueiraCitroën Saxo VTSBerberecho1h23:49.85540 Eduardo González José Antonio AbalFord Fiesta R2Congostra Team Sanxenxo1h23:51.727
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Rally Botafumeiro 2019 en ewrc.com .
Categoría:Rally Botafumeiro Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally