Marina Ivanovna Tsvetaeva (en ), nada en Moscova o e finada en Elabuga o 31 de agosto de 1941, foi unha poeta rusa e soviética. A súa obra está considerada entre as maiores da literatura rusa do século XX."Tsvetaeva, Marina Ivanovna" Who's Who in the Twentieth Century. Oxford University Press, 1999. Viviu e escribiu sobre a revolución rusa de 1917 e a fame negra que a seguiu en Moscova. Nun intento de salvar a súa filla da inanición, levouna a un orfanato estatal en 1919, onde faleceu de fame. Tsvetaeva abandonou Rusia en 1922 e viviu na pobreza coa súa familia en París, Berlín e Praga antes de volver a Moscova en 1939. O seu marido Sergei Efron e a súa filla Ariadna Èfron (Alya) foron arrestados acusados de espionaxe en 1941 e o seu marido foi executado. Tsvetaeva cometeu suicidio en 1941.
Como poeta lírica, a súa paixón e atrevida experimentación lingüística márcana como cronista da súa época e das profundidades da condición humana.
Traxectoria Tsvetaeva naceu en 1892, filla do fundador do Museo Pushkin de Moscova, Ivan Tsvetaev. De familia acomodada e aínda moi nova, publicou con grande éxito Vecherny Albom ("Álbum da tarde").La librería de los escritores, La central / Sexto piso, 2007 Continuou a traballar en literatura e coñeceu e tratou os grandes escritores. Colocouse á altura de Pasternak, Akhmatova e Mandelstam. Tsvetaeva, ao padecer a reprobación oficial, non puido atopar vivenda nin traballo. Era tan pobre que a súa filla Irina houbo de ir a un orfanato, onde, debidos ás condicións famélicas, morreu.
Despois da revolución rusa, tivo que exiliarse en Berlín, Praga (1922) e posteriormente en Francia (1925) co seu marido Sergei Efron, antes oficial branco en activo, que se desenganou pouco a pouco coa actitude dos emigrados. Viviu catorce anos en Francia, a desgusto e deprimida. Tivo dúas fillas, Irina e Ariadna, e un fillo, Georgii.
Finalmente, en 1939, regresou á Unión Soviética co seu fillo Georgii para reunirse co seu marido, que regresara a Rusia coa súa filla Ariadna en 1937, como responsable da contraespionaxe soviética. Tsvetaeva escribiu ao xefe do NKVD, Beria, pedindo información e defendendo o seu marido, tras unha desgraciada misión oficial. En 1941, Efron e Ariadna foron arrestados, e o home foi fusilado o 16 de outubro de 1941.Tsvetaeva,Confesiones. Vivir en el fuego, pp. 538-543 Ariadna tivo que autoacusarse como era habitual, mais tras permanecer oito anos no gulag, foi arrestada novamente en 1949 e enviada ao desterro no raion de Turukhans. Só foi rehabilitada en 1955.
Cando comezou a Gran Guerra Patria, coa ocupación nazi, Tsvetaeva foi evacuada a Elabuga, Tartarstán, onde finalmente se suicidou en 1941.
A pesar de todas estas desgrazas (e da conciencia escrita delas) deixou obras moi vivas, de impresionante calor, intransixente e cheas de valentía, onde está a lembranza de toda unha serie de escritores e artistas da súa época, así como o retrato das súas propias obsesións, cunha lingua entrecortada e agudísima. A súa correspondencia cruzada con Paternak e Rilke (publicadas a partir de 1979) dá a medida da súa personalidade, a súa forza especial e a atracción de todo tipo que ela exerceu.Cartas del verano de 1926, Minúscula, 2012, intr.
A súa obra salvouse da destrución e do esquecemento grazas á súa filla Ariadna Efron. Na Unión Soviética permaneceu case inédita ata despois da segunda guerra mundial, cando comezou a darse a coñecer a través da literatura en follas clandestinas (samizdat).
Tributo O 8 de outubro de 2015, Google Doodle conmemorou o 123 aniversario do seu nacemento.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Karlinsky, Simon: Marina Tsvietáieva: la mujer, su mundo y su poesía. Trad. de Francisco Segovia. 336 páxs. Grijalbo Mondadori, Madrid, 1991. ISBN 84-397-1759-8.
Outros artigos Literatura rusa
Ligazóns externas Marina Tsvetaeva en Amediavoz, su vida y sus poemas La galaxia Tsvietáieva por Enrique Vila-Matas Poetas con historia y poetas sin historia Biografía e textos Biografía e textos Marina Tsvetaeva Museo de Marina Tsvetaeva en Moscova
Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Suicidios en 1941 Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Suicidas de Rusia Categoría:Aforcados