Rafael Balsa de la Vega (adoitaba asinar R. Balsa de la Vega), nado en Padrón en 1859 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1913, foi un pintor, crítico de arte, e tradutor galego. miniatura|Artistas y críticos españoles. Traxectoria Pintou acuarelas e óleos, retratos de persoeiros como Juan Rodríguez del PadrónO cadro está no Pazo do Concello de Padrón. ou Emilia Pardo Bazán e outros títulos como En una aldea de Galicia (100x60 cm), presentado á Exposición Nacional de Belas Artes de 1884, Un rato de conversación (16x23 cm) ou Devotos de Santa María de los Arcos (16x26 cm), ámbolos dous incluídos na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887.Catálogo (pezas n.º 75 e 76) p. 29. Viaxou por Europa e América. Xa como crítico, colaborou en La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Ilustración Artística, Galicia. Revista RegionalArtigos de R. Balsa de la Vega en Galicia. Revista Regional. e o Boletín de la Real Academia GallegaArtigos de R. Balsa de la Vega no Boletín de la RAG ..
Pertenceu á redacción de El Liberal. Participou no deseño do Pazo de Meirás.Decreto 299/2008, polo que se declaran ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, as Torres de Meirás DOG. Asistiu aos faladoiros cotiás da Cova Céltica e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Cando morreu estaba a traballar, por encarga do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, na confección dun catálogo artístico e monumental das provincias galegas.
Obra bibliográfica miniatura|Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España Artistas y críticos españoles, 1891, Barcelona. Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España, 1892, Barcelona Eugenio Lucas, 1911, Madrid. Orfebrería gallega. Notas para su historia, 1912, Hauser y Menet, Madrid.
Traducións Traduciu ao castelá varias obras, a maioría delas de Emilio Salgari: Sandokan, los tigres de Mompracen, de Salgari. La mujer del pirata, segunda parte de Sandokan, de Salgari. El corsario negro, de Salgari. La venganza de Sandokan, de Salgari. Los náufragos del Liguria, de Salgari. Devastaciones de los piratas, de Salgari. Noruega literaria, de Jacques de Coussange
Recoñecementos Unha rúa do centro de Padrón leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Listaxe de bibliografía sobre Rafael Balsa en pintoresgallegos.com
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Padrón Categoría:Finados en 1913 Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do italiano Categoría:Críticos da arte Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en 1859 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Arqueólogos de Galicia