Celso Callón Recuna, nado en Vilanova de Arousa en 1943 e finado en Vilagarcía de Arousa o 8 de decembro de 1998,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-12-1998, p. 80 foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Celso Callón Loureiro. Foi presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía, impulsando o peirao deportivo, o parque do Centenario e o peirao de Ferrazo; e presidente da autoridade portuaria de Marín. Presidiu o Liceo Marítimo varios mandatos. En 1975 participou na Asamblea Democrática de Arousa.La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6.

Refundou o PSOE de Vilagarcía de Arousa en 1976.

Vida persoal Casou con Ángela González Martín e foi pai de Verónica e Celso Callón González.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Casi 18 años en el ejercicio de distintos cargos en el Puerto

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes