San Martiño é un lugar da parroquia de Arroxo, no concello de Sober. En 2019 tiña once habitantes (seis homes e cinco mulleres). Xeografía

O lugar sitúase a 387 m de altitude, ao nordés da capital municipal, xunto á estrada que a une con Monforte de Lemos. Toponimia O topónimo San Martiño é un haxiotopónimo referido a Martiño de Tours e débese á presenza no lugar da igrexa parroquial.

Lugares e parroquias Lugares de Arroxo

Parroquias de Sober

Categoría:Lugares de Sober