Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá.

En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.Deutschland Funk, Platz für Mahler und Mendelssohn-Geschwister, Dagmar Penzlin, 28 de maio de 2018

Obra Fanny Mendelssohn compuxo máis de 460 obras musicais."Women of Historic Note". Washington Post, Gayle Worl 9 de marzo de 1997 As súas composicións inclúen un trío de piano e varios libros con pezas e cancións de solos de piano. Numerosas composicións dela foron publicadas inicialmente co nome do seu irmán, Felix Mendelssohn nas súas coleccións opus 8 e 9. As súas obras para piano adoitan ter a forma de cancións, e moitas levan o nome de Lieder für das Pianoforte ("Cancións para piano", paralelismo con Cancións sen palabras do seu irmán). Este estilo e título foi desenvolvido con máis éxito por Felix Mendelssohn, aínda que algúns estudosos modernos afirman que Fanny o precedeu no xénero.

Tamén escribiu entre outras obras para piano, un ciclo de pezas que mostran os meses do ano, Das Jahr ("O ano").Marcia J. Citron: 'Mendelssohn, Fanny', Grove Music Online ed. L. Macy (Consultado o 10 de xuño de 2008), <http://www.grovemusic.com > (require subscrición) A música foi escrita en páxinas de papel de cor, e ilustradas polo seu marido Wilhelm. Cada peza estaba tamén acompañada por un breve poema. Nunha carta dende Roma, Fanny Mendelssohn describiu o proceso trala composición Das Jahr: Estiven a compoñer unha boa cantidade posteriormente, e chamei as miñas pezas de piano cos nomes dos meus lugares favoritos, en parte porque me viñan á mente neses momentos, en parte porque as nosas excursións de pracer estaban na miña mente mentres as escribía. Formarán un delicioso recordo, unha caste de segundo diario. Mais non imaxino que lles dese eses nomes cando os toque en público, son para completamente para uso na casa.Citron, Marcia J. The Letters of Fanny Hensel to Felix Mendelssohn.

Entre as súas obras está a Sonata de Pascua escrita en 1828, inédita durante a súa vida, descuberta posteriormente e atribuída ao seu irmán en 1970, antes de que o exame do manuscrito e unha mención da obra no seu diario establecese definitivamente en 2010 que era obra dela."A Mendelssohn masterpiece was really his sister’s. After 188 years, it premiered under her name.". Washington Post, By Derek Hawkins 9 de marzo de 2017. Foi estreada co seu nome o 8 de marzo de 2017, Día Internacional da Muller."A Fanny Mendelssohn masterpiece finally gets its due". The Guardian Sheila Hayman. 8 de marzo de 2017

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Citron, Marcia J. Mendelssohn, Fanny In Grove Music Online (subscriber access). Oxford Music Online, (consultado o 13 de febreiro de 2010). Citron, Marcia J. "Mendelssohn(-Bartholdy), Fanny (Cäcilie)" in The New Grove Dictionary of Women Composers. Macmillan, 1994. Conway, David. Jewry in Music: Entry to the Profession from the Enlightenment to Richard Wagner. Cambridge University Press, 2011. Hensel, Sebastian. The Mendelssohn Family 1729–1847 4th revised edition, 2 vols., Sampson Low, Londres, 1884. This compilation from family correspondence still remains an important source of information about Fanny, Felix and their relatives. Kimber, Marian Wilson, "The 'Suppression' of Fanny Mendelssohn: Rethinking Feminist Biography," 19th-Century Music, Vol. 26, No. 2 (outono de 2002), pp. 113–129 Mendelssohn (Hensel), Fanny, tr. e ed. Marica Citron. The Letters of Fanny Hensel to Felix Mendelssohn (Nova York, 1987). Mendelssohn Bartholdy, Felix, ed. Paul Mendelssohn Bartholdy, tr. Lady Wallace. Letters of Felix Mendelssohn Bartholdy from 1833 to 1847, Longman Green, Londres 1864. Sterndale Bennett, R., "The Death of Mendelssohn", in Music and Letters vol. 36 no.4, Oxford, 1955 Tillard, Françoise, translated by Camille Naish, Fanny Mendelssohn , Amdeus Press, Portland, Oregon, c1996, Todd, R. Larry, Mendelssohn: A Life in Music (Oxford University Press, 2003) Todd, R. Larry, Fanny Hensel: The Other Mendelssohn (Oxford University Press, 2010)

Ligazóns externas Fanny Mendelssohn Hensel: A Life of Music within Domestic Limits by Eugene Gates, Kapralova Society Journal. Influence, Individuality and Stylistic Evolution in the Music of Fanny Hensel and Felix Mendelssohn by Hye-Bin Song, Kapralova Society Journal. Free digital scores by Fanny Mendelssohn Hensel in the OpenScore Lieder Corpus FannyHensel.de – comprehensive site () Hensel-Biography – some notes about the composer and her family Fanny Mendelssohn Hensel Piano Trio in d minor sound-bites and short bio

"Sérénade de Cortez", early French Melody with French & English subtitles, on Youtube "Unique objet de ma tendresse", early French Melody with French & English subtitles, on Youtube

Categoría:Compositores do Romanticismo de Alemaña Categoría:Pianistas de Alemaña Categoría:Nados en Hamburgo Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1847 Categoría:Nenos prodixio