O Rally Cidade de Narón de 2019 foi a 32ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 15 e o 16 de xuño de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.
Itinerario Constou de dez tramos que sumaron 101,5 km, estando situado o parque pechado a carón do Centro Comercial Odeón. O venres 16 realizouse unha superespecial de pouco máis dun quilómetro nas inmediacións do Pazo da Cultura de Narón, mentres que o sábado corréronse os treitos de Cerdido, A Queiroga e Ferreira, con tres pasadas por cada un deles.
Inscritos Inscribíronse 130 pilotos, entre eles o líder do campionato, Víctor Senra, así como os seus máximos rivais, Alberto Meira e Iago Caamaño. Finalmente foron 128 os pilotos autorizados a tomar a saída.
Resumo Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra. A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín Deza52:32.6152 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team52:39.9063 Víctor Senra David VázquezCitroën C3 R5Yacar Racing53:01.3464 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team54:10.6925 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing56:08.6956 Antonio Fernández Alejandro LópezMitsubishi Lancer Evo VIIIMeira56:40.7407 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport56:53.2818 Manuel Sandamil Adrián VarelaSuzuki Swift N5A Pontenova57:14.5189 Antonio López Raquel RodríguezPeugeot 106 GTIPontevedra 1984 Team57:19.19410 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo57:32.36611 Fernando Rico Lorena RicoBMW M3 E36A. Ferrol57:45.23112 Daniel Castro Sergio MartínezPeugeot 208 R2Meira57:58.03813 César Gonzalves Miguel PeñaMitsubishi Lancer Evo IXA Pontenova58:15.26814 Daniel Berdomás Brais MirónCitroën Saxo VTSOne Seven58:16.07215 David Rivas José ViéitezCitroën C2 R2RVS Motorsport58:36.88016 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJ. Lista Competición58:37.84717 Pablo Aneiros Rubén LópezCitroën Saxo VTSMoeche59:22.01218 Manuel Trevín Juan Antonio MechosoBMW Compact E36Senra Sport59:41.01419 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h00:05.11620 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h00:08.84221 Aitor Pico Manuel FrescoPeugeot 106 GTIScratch Fene1h00:13.88522 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h00:14.34123 Rubén Gandoy Sergio MeizosoPeugeot 206 XSSiroco Narón1h00:17.51624 Ignacio Sanesteban Cristóbal VergaraRenault Clio SportScratch Fene1h00:45.72125 Juan Ricardo Costoya Toni SotoFord Sierra Cosworth 4x4Siroco Narón1h00:57.88026 Roberto Rendal Francisco GarcíaFord Fiesta N5RVS Motorsport1h01:05.39727 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h01:18.45928 Pablo Gómez Manuel BarreiroBMW 318 E30Berberecho1h01:28.38829 David Busto Óscar GarcíaFord Fiesta STBerberecho1h01:28.77330 Miguel Ángel Caeiro Miguel RaídoPeugeot 106 S16Cuntis V.T.1h01:36.22331 Antonio Amor Marcos LópezSeat 1430-1800Moeche1h01:36.87632 José Rubén Teijeiro Eloy CalvoCitroën C2 R2Siroco Narón1h01:38.36833 Daniel Gandoy María SueirasPeugeot 106 GTISiroco Narón1h01:43.16234 Rubén López Carlos GonzálezBMW 320i E36Siroco Narón1h01:53.53635 Alejandro Martínez Nicolás MeizosoRenault Clio SportA. Ferrol1h02:01.33036 Fernando Vilela Roberto Carlos BouzaOpel Corsa GSIMoeche1h02:59.03237 Delfino Ramos Joaquín CarrilCitroën AX GTIMelide Motorsport1h03:00.24438 Pedro Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h03:01.81839 Diego González Diego García DíazCitroën Saxo VTSMoeche1h03:32.83340 Manuel Souto Diego VázquezCitroën Saxo VTSSantiago1h03:43.451
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Sitio web oficial Rally Cidade de Narón 2019 en ewrc.com .
Categoría:Rally Cidade de Narón Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally