Arca noae é unha especie de bivalvo molusco da familia Arcidae. Pode atoparse no mar Mediterráneo desde a marca de marea baixa ata unha profundidade de 60 metros.
Descrición esquerda|miniatura A Arca noae medra ata uns 10 cm de lonxitude. É acurtada na parte final anterior e alongada posteriormente. Ten liñas irregulares de cor marrón e branco e ten finas costelas correndo desde o umbo ata a beira. A cuncha está suxeitada fortemente ó substrato polo biso.
Distribución Arca noae atópase no mar Mediterráneo. Antigamente era común no mar Adriático, pero en 1949/50 houbo unha baixada de exemplares repentina, inexplicable e catastrófica. Dende entón, as poboacións foron subindo, e en 2002 observáronse densidades de até 13 individuos por metro cadrado. Con todo, debido a unha falta de rexistros, non está claro se a poboación regresa ó seu tamaño anterior.
Bioloxía Na parte máis baixa da zona intermareal do Adriático, Arca noae a miúdo medra en asociación con Modiolus barbatus. As cunchas a miúdo están fortemente incrustadas con epibiontes. A auga é absorbida na cuncha principalmente pola parte posterior. O plancto e pequenas partículas orgánicas son filtradas ó pasar a auga polas branquias e as partículas non necesarias son rexeitadas ó mesmo tempo.
Usos Arca noae é pescado comercialmente no mar Adriático, tanto por mergulladores que recollen individuos a man como dende as barcas que utilizan restrelos especialmente adaptados. O marisco é vendido nos mercados locais.
Notas
Categoría:Bivalvos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné