Agallas é un filme español de 2009 dirixido por Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez. Está protagonizado por Hugo Silva e Carmelo Gómez.
Estreouse en galego o 12 de marzo de 2015 na TVG.
Sinopse Sebastián, un delincuente acabado de saír do cárcere, decide buscar emprego nunha pequena empresa de Galicia, “Isolina, Productos del Mar”, da cal se di que o seu xefe, Regueira, é traficante. Faise amigo dun encargado, Raúl, e consegue que o contraten.
Personaxes Hugo Silva como Sebas Carmelo Gómez como Regueira Celso Bugallo como Raúl Carlos Sante como Antonio Mabel Rivera como tía Elvira Xavier Estévez como Couto Rula Blanco como Isolina Tomás Lijó como Manu Pepo Suevos como Domingo Alfonso Agra como Severo Yoíma Valdés como Rosa
Produción O filme foi rodado en localizacións de Galicia entre agosto e setembro de 2008.
Galardóns e nomeamentos En 2010, Arturo Vaquero foi nomeado ao Premio Goya á mellor canción orixinal por "Agallas vs escamas", composto para o filme.
Premios Mestre Mateo Na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado a oito premios, entre eles mellor filme, mellor actor secundario e mellor música orixinal, mais finalmente non gañou ningún dos galardóns. Ano Categoría Receptor Resultado8ª ediciónMellor filmeSamuel Martín Mateos e Andrés Luque PérezNomeadosMellor actor secundarioCelso BugalloNomeadoMellor dirección de produciónCarlos AmoedoNomeadoMellor dirección artísticaMarta VillarNomeadaMellor montaxeGuillermo RepresaNomeadoMellor música orixinalXavier Font e Arturo VaqueroNomeadosMellor sonDavid Machado, Diego Staub e J.L. VázquezNomeadosMellor deseño de vestiarioRuth D. PedreiraNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en CulturaGalega.gal
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego