A Arca imbricata é un molusco bivalvo da familia Arcidae.Huber, M. (2017). Arca imbricata Bruguière, 1789. In: MolluscaBase (2017). Consultado a través de: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=215252 o 28-03-2017 Esta especie de bivalvo é mariña.

Clasificación e descrición A especie Arca imbricata ten unha cuncha relativamente rectangular. Costelas radiais con marxinais dando unha escultura ben definida dende as cunchas de menor tamaño, pero de maneira máis irregular nas cunchas de maior tamaño. A bisagra é plana e de cor marrón escuro, con numerosos dentes diminutos distribuídos ao longo. A parte interna da cuncha é branca ou marrón clara. Na parte posterior da cuncha obsérvase o perióstraco de forma máis abundante. Esta especie de bivalvo alcanza os 48 mm de lonxitude.Redfern C. 2013. Bahamian Seashells: 1161 Species from Abaco, Bahamas. 501 pp.

Distribución A. imbricata distribúese desde Carolina do Norte até Texas, nas Antillas, Brasil e Bermuda.Tunnell J, Andrews J, Barrera NC, Moretzsohn F. 2010. Encyclopedia of Texas Seachells. Identification, Ecology, Distribution and History. Texas A&M University Press. 512 pp.

Ambiente A. imbricata é un bivalvo bastante abundante. Habita en zonas superficiais de áreas de arrecifes.Pérez-Rodríguez, R. 1997. Moluscos de la Plataforma Continental del Atlántico Mexicano. Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco. 260 pp. Habita entre os 7 e os 52 metros de profundidade.Redfern C. 2013. Bahamian Seashells: 1161 Species from Abaco, Bahamas. 501 pp.

Estado de conservación É común atopar valvas desta especie nos mercados de artesanía.Pérez-Rodríguez, R. 1997. Moluscos de la Plataforma Continental del Atlántico Mexicano. Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco. 260 pp.

Non se atopa en ningunha categoría de protección, nin na Lista Vermella da IUCN (International Union for Conservation of Nature) nin en CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&ide=215252 http://biogeodb.stri.si.edu/bocas_database/search/species/317/ http://eol.org/pages/452058/overview Enciclovida ten un artigo sobre Arca imbricata Naturalista

Categoría:Bivalvos