Lois I de Anjou, nado en Vincennes, Francia, 1339 e finado en Bari, Italia, en 1384, foi conde de Anjou (1356 - 1384), elevado a duque en 1360, rei de Nápoles, conde da Provenza e emperador de Constantinopla (1383 - 1384) e rei de Xerusalén. Traxectoria Orixes familiares Naceu o 23 de xullo de 1339, sendo o segundo fillo varón do rei Xoán II de Francia e de Xudit de Bohemia. Mocidade esquerda|miniatura| Escudo dos duques de Anjou Por petición súa, en xuño de 1374 un exército castelán e francés cercou Baiona, un punto clave de comunicación entre o Reino de Navarra e o Reino de Inglaterra. Os casteláns cercaron por mar e por terra, pero a resistencia da cidade e a falta de colaboración francesa obrigaron a levantar o asedio. Subida ao trono Á morte do seu irmán, o rei Carlos V de Francia, en 1380 presidiu o consello de rexencia, sendo rexente do seu sobriño, Carlos VI de Francia, ata 1382. Deixou Francia para converterse en rei de Nápoles á morte da raíña Xoana I de Nápoles, que o adoptara en 1380 como sucesor do seu reino.
Esta sucesión anómala fixo que Lois I só puidese herdar o condado da Provenza, deixando o Reino de Nápoles en mans do segundo primo da raíña Xoana Carlos III de Nápoles. Pero o 30 de agosto de 1383 Lois I tomou o título de rei de Sicilia, sendo rei de Nápoles e de Xerusalén, o que supuxo unha dualidade de reis no reino de Nápoles. Matrimonio e descendentes Casou con María Châtillon-Blois, filla de Carlos de Blois e Xoana de Penthièvre, en 1360. Deste matrimonI naceron tres fillos: María de Anjou (1370 - c. 1383). Lois II de Anjou (1377 - 1417), conde da Provenza e duque de Anjou. Carlos de Anjou ( 1380 - 1404 ), príncipe de Tarento e conde de Étampes. Sucedeuno o seu segundo fillo Lois II de Anjou, que loitou contra os seus curmáns Anjou-Durazzo polo Reino de Nápoles.
Devanceiros
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Casa de Valois Categoría:Reis de Nápoles Categoría:Nados no departamento do Val do Marne Categoría:Nados en 1339 Categoría:Finados en 1384 Categoría:Condes de Anjou Categoría:Duques de Anjou Categoría:Condes da Provenza Categoría:Emperadores titulares do Imperio Latino