Fishmans (xaponés: フィッシュマンズ, Hepburn: Fisshumanzu) foi unha banda xaponesa formada no ano 1987 en Minato, Tokyo. Foi coñecida polo seu son psicodélico único e polas distintivas voces do seu último vocalista, Shinji Sato, ademais do estilo do batería Kin-Ichi Motegi e das liñas de baixo rocksteady de Yuzuru Kashiwabara. Aínda que só conseguiron un éxito modesto mentres estiveron en activo, desaparecendo en 1999 tras a súbita morte de Shinji Sato, o seu recoñecemento foi aumentando en todo o mundo co paso dos anos. Nun artigo en 2019 para o xornal The Japan Times, James Hadfield escribiu que os seus álbums Aerial Camp e Long Season "agora son fitos indiscutibles no canon do rock xaponés".

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloChappie, Don't Cry1991Media RemorasKing Master George1992Media RemorasNeo Yankees' Holiday1993Media RemorasOrange1994Media RemorasAerial Camp1996Polydor RecordsLong Season1996Polydor RecordsUchu Nippon Setagaya1997Polydor Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de dub Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais formados en 1987