Benedetto Pistrucci, nado o 29 de maio de 1783 en Roma e finado en Virginia Water, Surrey, Inglaterra, o 16 setembro de 1855, foi un gravador de moeda e medallista italiano coñecido particularmente polo deseño de San Xurxo e o Dragón que caracteriza os soberanos británicos de ouro, e pola medalla conmemorativa da Batalla de Waterloo.Forrer, L. (1906).Forrer, L. (1909 -a-).
Desde que en 1815 se trasladou a Gran Bretaña, foi naquel país onde exerceu a súa profesión artística e onde pasou o resto da súa vida. Alí chegou logo de colleitar fama en Italia como tallador de camafeos, patrocinado pola realeza, e ese prestixio valeulle para tomar contacto con persoeiros como William Wellesley-Pole (irmán máis vello do Duque de Wellington), o mestre de ceca da Real Casa da Moeda de Londres (Royal Mint), quen contratou a Pistrucci para o deseño das novas emisións monetarias, entre elas o soberano de ouro, que se cuñou por vez primeira en 1817.
miniatura|Camafeo de Benedetto Pistrucci creado pola súa filla Elisa.
Tan talentoso como temperamental, Pistrucci rexeitou copiar o traballo doutros artistas e, cando en 1823 Xurxo IV esixiu que se modificase o seu retrato nos soberanos, por consideralo pouco satisfactorio, baseándose nun traballo previo de Francis Chantrey, Pistrucci negouse, polo que case foi despedido. A Royal Mint non o destituíu porque previamente lle confiara a produción dunha medalla de gran tamaño conmemorativa da Batalla de Waterloo (na que traballou durante 30 anos) e prescindir del implicaría malgastar varios anos de traballo e diñeiro. Pistrucci mantivo o seu posto na Ceca Real o resto da súa vida e, finalmente, completou o deseño da medalla de Waterloo en 1849, aínda por mor do seu gran tamaño (130 mm) non puido ser cuñada coa tecnoloxía da época e a súa cuñaxe tivo que agardar ata tempos moi recentes, para satisfacción dos coleccionistas.
Traxectoria
Primeira etapa en Italia (1783-1815) esquerda|miniatura|Camafeo de Benedetto Pistrucci (1800)
Benedetto Pistrucci naceu en Roma o 24 de maio de 1783, segundo fillo de Federico Pistrucci, xuíz do Tribunal Supremo dos Estados Pontificios, e de Antonia Greco. O seu irmán máis vello Filippo amosou inquedanzas artísticas desde moi novo, mais Benedetto gozaba dunha decidida inclinación ao estudo. O seu pai quería que ambos seguisen os seus pasos na carreira xudicial e enviounos a Boloña para iniciaren os estudos preparatorios, mais finalmente a familia viuse obrigada a mudarse a Roma en 1794 cando Napoleón invadiu Italia, e os irmáns matriculáronse no Collegio Romano.Marsh, M. A. (1996). Páxinas 3-4.
Napoleón puxéralle prezo á cabeza de Federico Pistrucci, xa que este procesara os rebeldes bonapartistas. Este feito obrigou a familia a abandonar Roma cando os franceses avanzaban cara a ela e establecéronse en Frosinone, no Lacio, onde os irmáns proseguiron os seus estudos.
Concluída a súa formación académica, Pistrucci comezou a traballar, xunto co seu irmán, cun pintor chamado Mango, con quen axiña comezou a demostrar os seus dotes artísticos. Mango faloulle a Benedetto do seu irmán, Giuseppe Mango, un gravador de camafeos establecido en Roma. Alcanzada a paz entre os Estados Papais e os franceses, a familia puido retornar a Roma e Benedetto comezou a traballar na arte de gravar camafeos, patrocinado por mestres como Stefano Tofanelli e o propio Giuseppe Mango. Cando Pistrucci se decatou de que Mango estaba a comercializar creacións súas como propias, e de que os seus camafeos se vendían como antigüidades falsificadas, comezou a gravar, como marca secreta, unha letra grega λ (lambda) nas súas obras.Farey, R. (2014 -a-). Páxina 51.Pollard, G. (2017).
Convalecente na súa casa logo dunha liorta na que resultou apuñalado por un artista rival, Pistrucci aprendeu a modelaxe da cera.Marsh, M. A. (1996). Páxina 5. Logo de recuperarse traballou co tallador de pedras preciosas Nicolo Morelli e tamén asistiu a clases nunha academia de arte en Campidoglio chamada Scuola del Nudo, onde en 1800 acadou o primeiro premio de escultura.Marsh, M. A. (1996). Páxina 7.
A partir dos 15 anos, Pistrucci deixou de traballar con Morelli e estableceuse autonomamente como creador, xa que podía custear os seus estudos polos ingresos que lle xeraba a venda dos seus camafeos.
Entre os seus clientes estaban dous dos principais comerciantes de arte de Roma, Ignazio Vescovali e Angelo Bonelli, así como as tres irmás de Napoleón: Elisa, Paulina e Carolina. O recoñecemento de Pistrucci aumentou considerablemente cando gañou un concurso para facer un camafeo para Elisa, Grande Duquesa de Toscana; esta quedou tan impresionada polo seu traballo que lle ofreceu un espazo no seu palacio como estudio onde traballar.
Este patrocinio ampliou o seu círculo de relacións e en 1802 casou con Barbara Folchi, filla dun comerciante de éxito, con quen tivo nove fillos.
Ata 1814 continuou a traballar en Roma, producindo camafeos con retratos e pedras preciosas gravadas.
Cando Angelo Bonelli regresou dunha viaxe exitosa a Gran Bretaña en 1814 propúxolle a Pistrucci que o acompañase nunha próxima viaxe, considerando que o seu futuro estaba alí. Pistrucci estivo disposto, e despois de facer a provisión para a súa familia deixou Roma con Bonelli. Ese mesmo ano partiron, pasando primeiro por Perugia, onde residía o seu irmán Filippo, para se despedir del, aínda que se amosou disposto a acompañalos. Estando en Turín, Filippo amosoulle a Benedetto a súa desconfianza cara a Bonelli, o que se materializou na negativa dos irmáns de continuar na compaña do comerciante, cando os tres estaban xa en París, no mes de decembro París en decembro de 1814. Tras separaren os seus rumbos, Benedetto descubriu que era moi recoñecido na capital francesa e os irmáns decidiron quedar un tempo a traballar alí. Finalmente, chegaron a Gran Bretaña o 31 de decembro de 1815.Marsh, M. A. (1996). Páxinas 12-13.
Cumio da súa carreira en Inglaterra (1815-1819) esquerda|miniatura|Deseño orixinal de Pistrucci do reverso do soberano. miniatura|soberano de 1817, obra de Benedetto Pistrucci.
Na súa chegada a Dover, Pistrucci tivo dificultades na alfándega e logo de superadas, viaxou a Londres, onde tiña cartas de presentación para varias persoas, grazas ás que de camiño estableceu contacto con Charles Konig, responsable de minerais do Museo británico, A través de Konig, Pistrucci coñeceu o famoso naturalista, Joseph Banks. A súa sona en Londres acrecentouse cando interveu nun debate na casa de Banks acerca da autenticidade dun camafeo, para discernir se se trataba dunha antigüidade grega ou non, no que Pistrucci puido demostrar que realmente se trataba dunha obra súa, ao amosar a súa marca secreta.Marsh, M. A. (1996). Páxinas 13-15.
Banks presentou Pistrucci a George Spencer (segundo conde de Spencer) e á súa muller, Lavinia Spencer. Lavinia amosoulle a Pistrucci un modelo do San Xurxo e o Dragón obra de Nathaniel Marchant e encargoulle que o reproducise en estilo grego nun camafeo como parte da indumentaria do seu marido como Cabaleiro da Orde da Xarreteira. Pistrucci aceptou a encarga e realizou o camafeo, tomando como modelo para o San Xurxo un camareiro italiano do hotel Brunet's, onde estivera aloxado os primeiros días ao chegar a Londres.Marsh, M. A. (1996). Páxina 15.Farey, R. (2014 -a-). Páxina 52.
Joseph Banks encargoulle tamén a Pistrucci un camafeo, para o rei Xurxo III. Como o rei estaba doente e Pistrucci non puido visitalo para modelar o seu rostro, fíxoo tomando como modelo unha moeda bancaria de tres xilins e montouno en xaspe, traballo polo que cobrou 50 guineas. Banks amosoulle o camafeo ao mestre de ceca William Wellesley-Pole, quen se amosou impresionado pola calidade da peza. Naquel momento, en 1816, a Royal Mint estaba a preparar novas emisións de moedas de ouro e de prata como parte dun proceso de reorganización do circulante, e no mes de xuño o mestre de ceca decidiu contratar a Pistrucci para facer os modelos en pedra dunha nova moeda que, de seren aceptados, serían gravados en aceiro para os cuños polos empregados da casa de moeda. miniatura|San Xurxo e o Dragón na media coroa de 1819
Pole fixo que Pistrucci crease tres retratos do rei en tamaños diferentes, dos que finalmente se usaron dous, un para o anverso da moeda de media coroa e outro para as de seis peniques e a dun xilin. Ambos os deseños foron modificados por Thomas Wyon, da Casa da Moeda, quen pasou os deseños a aceiro. O público rexeitou o busto que deu en chamar "cabeza de touro" da media coroa de 1816, e foi substituído por outro na cuñaxe de 1817. A crítica enfureceu a Pistrucci, quen culpou a Thomas Wyon de estragar o seu deseño, e dispúxose a aprender el mesmo as técnicas de gravado en aceiro.Linecar, H. W. A. (1977). Páxinas 93-94.
A maioría das fontes apuntan a que, logo de completar a encarga de Lady Spencer, Pistrucci suxeriulle a Pole que un motivo axeitado para os reversos dos soberanos (a nova moeda de ouro que se estaba a preparar) sería o de San Xurxo. No entanto, o numismático Kevin Clancy, no seu volume sobre a historia desta moeda, dubida de que esa sexa a orixe da idea de incorporar o San Xurxo e o Dragón nos soberanos, e mesmo de que a proposta saíse de Pistrucci.Clancy, K. (2017). Páxina 58.Rodgers, K. (2017). Páxinas 43-44
Cun custo de 100 guineas, Pistrucci creou o deseño dos soberanos e gravouno el mesmo, presentando o santo sobre o lombo dun corcel brioso que pisa o dragón ferido. San Xurxo ten unha lanza rota na súa man; parte está no dragón e parte no chan. O deseño orixinal de Pistrucci, utilizado para a circulación entre 1817 e 1819 (e reproducido pola Royal Mint en 2017), incorpora a fita da Orde da Xarreteira rodeando o santo e o dragón, co seu lema HONI SOIT QUI MAL Y PENSE. A partir de 1818 fíxose común nos soberanos e tamén nas moedas de media coroa a figura do santo brandindo unha espada no canto dunha lanza. Clancy apunta a que este cambio se debeu ás constantes suxestións e presións de Pole sobre Pistrucci para que fose modificando o deseño ao seu gusto.Clancy, K. (2017). Páxina 62. O resultado foi que a incorporación da espada en vez da lanza non foi ben aceptado polo público, que facía bromas acerca de como o santo podería vencer o dragón cunha arma tan pequena.Farey, R. (2014 -a-). Páxinas 52-53.
O gravador xefe da Royal Mint era o pai de Tomas Wyon (do mesmo nome). Parece que á súa morte en 1817 Pole lle ofreceu o posto vacante a Pistrucci, cun salario de 500 libras anuais e unha residencia dentro das instalacións da Casa da Moeda. Porén, nese momento aprobouse unha lei baixo o reinado de Guillerme III que lles prohibía aos estranxeiros o exercicio dese cargo, polo que Pistrucci non se puido incorporar.Craig, J. (2010). Páxinas 295-296. Isto foi moi mal recibido por Pistrucci e foi o xerme de moitas tensións no seo da ceca londiniense.Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 95.
En 1819, Pistrucci recibiu a encarga de deseñar unha medalla conmemorativa da Batalla de Waterloo, cunhas dimensións moi considerables: 5,3 polgadas; é dicir, 130 mm. O Goberno concibiuna para lla entregar aos xenerais vitoriosos e aos persoeiros salientables na derrota de Napoleón, a partir dunha idea do príncipe rexente (posteriormente Xurxo IV) pouco despois da batalla. Os honorarios totais de Pistrucci serían de 2.400 libras, e o pagamento inicial permitiulle levar a Londres a súa familia desde Italia. Inicialmente propúñase que a medalla fose gravada a partir dun deseño de John Flaxman, mais Pistrucci rexeitou gravar o traballo doutro artista e Pole permitiulle desenvolver un deseño propio, unha decisión que supuxo o alporizamento do gremio de artistas londinienses contra Pistrucci. O remate da medalla levoulle 30 anos.Farey, R. (2014 -b-). Páxina 51.
O conflito na Real Casa da Moeda (1820-1836)