O Parque Nacional Saguaro (en ) é un espazo protexido dos Estados Unidos de América, situado ao suroeste do estado de Arizona. É administrado polo Servizo Nacional de Parques.
A zona foi primeiro protexida como monumento nacional o 1 de marzo de 1933 polo presidente Herbert Clark Hoover, cunha superficie de 216,54 km². Unha nova proclamación presidencial de John F. Kennedy, o 15 de novembro de 1961, ampliou o monumento nacional, engadindo 62,16 km² máis. A zona foi finalmente declarada parque nacional o 14 de outubro de 1994.
Véxase tamén
Outros artigos
Deserto de Sonora
Ligazóns externas
Páxina web oficial do parque nacional
Categoría:Xeografía de Arizona Categoría:Parques nacionais dos Estados Unidos de América Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1994