La Sexorcisto: Devil Music Volume One é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de heavy metal White Zombie, publicado o 31 de marzo de 1992 a través do selo Geffen Records. O disco marcou un gran xiro artístico e comercial para o grupo. Tras recrutar ao guitarrista Jay Noel Yuenger, White Zombie foi capaz de facer o son heavy metal que levaba buscando dende Make Them Die Slowly (1989), mentres incorporaba máis elementos baseados no groove metal ao seu son. O álbum foi o último da banda en contar co batería Ivan de Prume.
O álbum foi un éxito de crítica e comercial para White Zombie despois do fallo artístico de Make Them Die Slowly. La Sexorcisto converteuse no primeiro traballo do grupo en entrar nas listas e chegou ao número 26 da lista Billboard 200 en 1993. Os sinxelos "Thunder Kiss '65" e "Black Sunshine" apareceron con moita frecuencia en emisoreas de radio de rock e na MTV, conseguindo o último a primeira nomeación a un Grammy para a banda. O álbum foi certificado dúas veces platino pola RIAA nos Estados Unidos.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de White Zombie Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums producidos por Andy Wallace Categoría:Álbums de Geffen Records