João Manuel de Melo Pacheco (Achadinha, Nordeste, Illa de San Miguel - Azores, 1949) é un escritor portugués.
Naceu na illa de San Miguel, Azores, en 1949, onde completou a instrución primaria, tras o que proseguiu os seus estudos no continente. En 1967 pasou a residir e a traballar en Lisboa. Despois de participar na guerra colonial en Angola entre 1971 e 1974 (tema de dúas das súas obras máis significativas, a antoloxía "Os Anos da Guerra" e a novela "Autopsia de um Mar de Ruínas"), traballou na vida sindical, foi editor de autores portugueses e crítico literario. Estudou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, pola cal se licenciou en 1981 en Filoloxía Románica. Profesor dos ensinos secundario e superior durante varios anos, foi convidado polo goberno portugués para o cargo de conselleiro cultural na embaixada de Portugal en España (que desempeñou durante 9 anos, entre 2001 e 2010).
En 2003, en Madrid, creou a “Mostra Portuguesa”, o maior evento cultural portugués fóra de fronteiras (realizou 7 edicións anuais dese festival, entre 2003 e 2009). Ten traducidos para o español os seguintes libros da súa autoría: “Gente feliz con lágrimas”, “Antología del cuento portugués” (Alfaguara), "Cronica del principio y del agua y otros relatos", "Mi mundo no es de este reino", "Mar de Madrid" e "Autopsia de un mar de ruinas" (Linteo Ediciones).
Autor de obras de ficción, ensaios, antoloxías, poesía, libros de crónicas e de viaxe, os seus libros foron traducidos en España, Italia, Francia, Países Baixos, Romanía, Bulgaria, Estados Unidos de América, Hungría, Alemaña, Reino Unido, Serbia, México e Colombia.
"Gente Feliz com Lágrimas", a súa novela máis coñecida (cinco premios literarios, traducións en dez países, 27.ª edición portuguesa en febreiro de 2017), foi adaptada ao teatro polo grupo O Bando, a telefilme e a serie de televisión polo realizador azoriano José Medeiros.
Ficción
1975 - Histórias da Resistência (contos) 1977 - A Memória de Ver Matar e Morrer (novela) 1983 - O Meu Mundo Não é Deste Reino (novela) 1984 - Autópsia de um Mar de Ruínas (novela) 1987 - Entre Pássaro e Anjo (contos) 1988 - Gente Feliz com Lágrimas (novela) 1991 - As Manhãs Rosadas (conto), ilustrado por David de Almeida 1992 - Bem-Aventuranças (contos) 1996 - O Homem Suspenso (novela) 2003 - As Coisas da Alma (contos) 2006 - O Mar de Madrid (novela) 2007 - O Vinho (conto), ilustrado por Paula Rego 2009 - A Divina Miséria (novela) 2009 - Luxúria Branca e Gabriela (conto), ilustrado por Francisco Simões 2014 - Lugar Caído no Crepúsculo (novela) 2015 - O Meu Mundo Não É Deste Reino, (novela), 8ª. ed, revisada e reescrita 2016 - Os Navios da Noite (contos) 2017 - Autópsia de Um Mar de Ruínas, (novela), 9ª. ed., revisada e reescrita 2018 - As Coisas da Alma e Outras Histórias em Conto (3ª. ed. revisada e ampliada) 2020 - Livro de Vozes e Sombras. Dom Quixote. Novela.
Poesía 1980 - Navegação da Terra
Ensaio 1968 - A Produción Literária Açoriana nos Últimos 10 Anos 1982 - Toda e Qualquer Escrita 1982 - Há ou Não Uma Literatura Açoriana? 2003 - Literatura e Identidade / Identidad y Literatura (edición bilingüe)
Viaxes 2000 - Açores, o Segredo das Ilhas (edición ilustrada) 2016 - Açores. o Segredo das Ilhas (edición textual, revisada)
Crónicas 1994 - Dicionário de Paixões
Antoloxías 1978 - Antología Panorâmica do Conto Açoriano 1988 - Os Anos da Guerra - Os Portugueses em África (en 2 volumes.) 2002 - Antologia do Conto Português (de Alexandre Herculano aos nosos días)
Premios
Premio Dinis da Luz (coa novela "O meu Mundo non é deste Reino") Premio Asociación Cultural A BALADA (con contos "Entre Pássaro e Anjo") Gran Premio da Novela e Novela da A.P.E (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas") Premio Eça de Queirós da Cidade de Lisboa (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas") Premio Cristovo Colón das Cidades Capitais Ibero-Americanas, Lima, Perú (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas") Premio Fernando Namora (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas") Premio Libro do Ano - Antena 1 (coa novela "Gente Feliz com Lágrimas") Premio Vergílio Ferreira (2016), polo conxunto da súa obra
Notas
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1949