Manuel López Pinal, nado no Carballiño en 1912 e finado no campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunisia) en 1939, foi un mariñeiro, radiotelegrafista e político galego.

Traxectoria Primeiro fillo de Jesús López Pérez e Juana Pinal Pereira, tratantes de polbo que se instalaron no Grove e puxeron unha taberna. Alistouse na Armada e formouse na Escola de San Fernando (Cádiz) como radiotelegrafista. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado como radiotelegrafista no Acoirazado Jaime I no porto de Vigo. Manuel foi elixido dirixente dos mariñeiros que se rebelaron contra a oficialidade pro-golpista o 29 de xullo cando navegaban por augas de Portugal. Foi comisario político, por uns meses, do destrutor Lazaga. Cando rematou a guerra arribou a Bizerta (Tunisia) desde onde foi levado ao campo de concentración de Meheri-Zebbeus, onde morreu.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Auxiliar Radiotelegrafista D. Manuel López Pinal" flotarepublicanablog.wordpress.com 3/7/2017 . "Manuel López Pinal, morir en Meheri-Zebbeus" exiliomarinosrepublicanos.blogspot.com 4/9/2016 . Radiotelegrafista Manuel López Pinal en Facebook.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Tunisia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936