Shlomo Yitzchaki (en ; en ; en ), nado en Troyes o 22 de febreiro de 1040 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1105, coñecido polo acrónimo de Rashi (en , RAbbi SHlomo Itzhaki), foi un rabino francés, autor de comentario sobre o Talmud e o Tanakh. Recoñecido pola súa habilidade para presentar o significado básico do texto nun estilo conciso e lúcido, Rashi chega aos grandes estudosos e os estudantes que se inician, e a súa obra permanece como unha obra central dos estudos xudeus contemporáneos. O seu comentario sobre o Talmud, que cobre case todo o Talmud babilónico (un total de 30 de 39 tratados, debido á súa morte), foi incluído en todas as edicións do Talmud dende a súa primeira impresión por parte de Daniel Bomberg na década de 1520. O seu comentario sobre o Tanakh, especialmente sobre o Chumash ("Cinco libros de Moisés"), serve como base de máis de trescentos "supercomentarios" que analizan a escolla de Rashi da lingua e as citas, escritos por algúns dos maiores nomes da literatura rabínica.

Traxectoria Rashi contraeu matrimonio de moi novo e vaixou a Worms e Mainza, onde permaneceu oito anos en importantes centros de ensino xudeu en Alemaña. O seu coñecemento das fontes relixiosas en hebreo e arameo viuse enriquecido grazas ao seu acceso a documentos escritos en francés e alemán. Aos 25 anos regresou a Troyes onde comezou a súa carreira como mestre e escritor. Pouco despois organizou a súa propia escola en que centos de estudantes recibiron os beneficios da súa grande erudición e do seu particular método interpretativo.

Os seus últimos anos de vida, víronse afectados polos masacres cometidos contra familiares e amigos na primeira cruzada (1095-96). Durante este período transferiu o seu Bet Hamidrash (casa de estudo) a Worms. Os seus descendentes herdaron esta cultura e fundaron a escola de comentaristas coñecida como Tosafot, nome que deriva da raíz hebrea que significa «agregar».

Legado miniatura|200px|Raschihaus, Museo Xudru, Worms, Alemaña. O comentario de Rashi sobre o Talmud continúa a ser clave para os estudo e as interpretacións rabínicas contemporáneas. Sen o comentario de Rashi, o Talmud permanecería como un libro pechado. Con el, calquera alumno introducido por un mestre no seu estudo pode continuar a aprender pola súa conta, descifrando a súa linguaxe e significado coa axuda de Rashi.

En 2006, a Jewish National and University Library da Universidade Hebrea montou unha exposición para conmemorar o 900.º aniversario da morte de Rashi (2005), mostrando obxectos raros da colección da biblioteca escrita por Rashi, ademais de varias obras doutros autores sobre el.

Supercomentarios Publicáronse voluminosos supercomentarios sobre os comentarios de Rashi sobre a Biblia e o Talmud, incluído Gur Aryeh do rabino Judah Loew (o Maharal), Sefer ha-Mizrachi do rabino Elijah Mizrachi (o Re'em) e Yeri'ot Shlomo do rabino Solomon Luria (o Maharshal). Case toda a literatura rabínica publicada dende a idade media, emprega a súa visión, ben como apoio, ben para debater contra ela.

As explicacións de Rashi sobre o Chumash tamén se citaron extensamente en Postillae Perpetuae de Nicholas de Lyra (1292–1340), franciscano francés. O libro de de Lyra foi unha das primeiras fontes empregadas na tradución da Biblia por Lutero.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Abecassis, Deborah Reconstructing Rashi's Commentary on Genesis from Citations in the Torah Commentaries in the Tosafot Dissertation 1999, Department of Jewish Studies, McGill University, Montreal, Quebec. Rashi The Jewish History Resource Center – Project of the Dinur Center for Research in Jewish History, The Hebrew University of Jerusalem Biography, the Legend, the Commentator and more rashi900.com Family Tree Rashi's Daughters: A Novel of Life, Love and Talmud in Medieval France In honor of the 900th anniversary of his passing Rashi; an exhibition of his works, from the treasures of the Jewish National and University Library

Ligazóns externas Public Domain Hebrew and CC-BY English of Rashi on Torah "Rashi: Teacher of All Israel", video lecture by Dr. Henry Abramson of Touro College South

Categoría:Nados no departamento de Aube Categoría:Nados en 1040 Categoría:Finados en 1105 Categoría:Personalidades do xudaísmo Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Rabís