Aus dem Nichts é un filme alemán de 2017 escrito e dirixido por Fatih Akin. Está protagonizado por Diane Kruger que interpreta o papel dunha muller cuxo marido e fillo son asasinados nun ataque terrorista perpetrado por neonazis. Foi escollido para competir pola Palma de Ouro na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017,, onde Kruger gañou o premio de mellor actriz. Foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro, mais finalmente non foi nomeado. Porén, gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.

Personaxes Diane Kruger como Katja Şekerci Denis Moschitto como Danilo Fava Johannes Krisch como Herr Haberbeck Samia Chancrin como Birgit Numan Acar como Nuri Şekerci Ulrich Tukur como Jürgen Möller Rafael Santana como Rocco Şekerci Hanna Hilsdorf como Edda Möller Ulrich Friedrich Brandhoff como André Möller Yannis Ekonomidis como Nikolaos Makris

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Fatih Akin Categoría:Filmes sobre nazis Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes sobre asasinatos