María Ángela Escudero Álvarez, nada o 1 de setembro de 1944 en Ourense, é unha árbitra de petanca galega radicada en Cataluña.
Traxectoria Foi a primeira muller que ocupou o cargo de árbitra de petanca en Cataluña no ano 1988, e en España en 1992. Nos Xogos Paralímpicos de Barcelona de 1992 conseguiu que as probas de petanca para discapacitados tivesen árbitros especialiados, e ela mesma adaptou as normas xerais do xogo ás necesidades deste colectivo. Exerceu nos Special Olympics de 1999 e 2003, e en diversos Campionatos do Mundo e torneos internacionais de petanca e petanca adaptada. Dende 1993 até 2010 foi membro do Comité Técnico de Árbitros da Federación Española de Petanca e presidiu os árbitros de Cataluña.
Recoñecementos No ano 2003 recibiu o premio ao Espírito Olímpico do Comité Olímpico Catalán. No ano 2018 foi galardoada co Premio Mireia Tapiador outorgado polo concello de Barcelona pola promoción do deporte.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1944 Categoría:Árbitros de Galicia