Jessica Alice Feinmann Wade, máis coñecida como Jess Wade, nada en Londres en 1988, é unha física británica, investigadora no laboratorio Blackett, no Imperial College de Londres.
A súa investigación céntrase na creación de díodos emisores de luz (LEDs) baseados en polímeros. É moi coñecida polo seu compromiso público co equilibrio de xénero nas áreas de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM), especialmente no que se refire á promoción da física entre as nenas. Inspirada por Emily Temple-Wood escribe en Wikipedia sobre científicas, unha cada día.
Premios e recoñecementos En 2017, Wade gañou o premio Robin Perrin de ciencia dos materiais do Instituto de Materiais, Minerais e Minería (IOM3). Ese mesmo ano outorgóuselle a Medalla Julia Higgins do Imperial College, en recoñecemento do seu traballo para apoiar a igualdade de xénero.
En 2018, a Medalla e Premio Daphne Jackson do Instituto de Física (IOP). E no mesmo ano, a revista Nature incluína entre as dez persoas máis importantes no campo das ciencias.
Notas
Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1988 Categoría:Alumnos do Imperial College London