Xan Carballo Rodríguez, nado en 1946, é un sindicalista e político galego.
Traxectoria Militante da Unión do Povo Galego. Auxiliar psiquiátrico do Sanatorio de Conxo de Santiago, foi despedido en 1977.La Voz de Galicia, 3-3-1977, p. 19. Integrado na Intersindical Nacional Galega, da que foi elixido secretario provincial da Coruña en 1978,La Voz de Galicia, 14-11-1978, p. 44. pasou despois á INTG, da que foi elixido secretario xeral en 1983.La Voz de Galicia, 17-10-1983, p. 38. Integrouse na CIG e despois pasou a CUT. Cando en 1986 a UPG aceptou a participación do BNG no Parlamento Galego, xunto con 13 membros do seu Comité Central liderados por Mariano Abalo, deixaron o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 se transformou no Partido Comunista de Liberación Nacional. Integrouse despois na FPG.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Xan Carvallo no semanário A Nosa Terra 2005.
Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Políticos da UPG Categoría:Políticos da FPG Categoría:Nados en 1946