Mytilus trossulus, é un bivalvo mariño comestible de tamaño medio da familia Mytilidae.
Mytilus trossulus é un dos tres taxóns principais e estreitamente relacionados no complexo Mytilus edulis, que están amplamente distribuídos nas costas temperadas ata o subártico do hemisferio norte, e adoita ser habitante dominante en substratos duros dos hábitats intermareal e costeiro.
Distribución Mytilus trossulus é o principal mexillón intermareal nativo no Pacífico Norte. En América do Norte atópase desde California ata Alasca, e en Asia dende Hokkaido cara ao norte. Nos seus límites meridionais, hibrida con Mytilus galloprovincialis, que foi introducido no Pacífico pola actividade humana.McDonald JH, Seed R, Koehn RK (1991) Allozyme and morphometric characters of three species of Mytilus in the northern and southern hemispheres. Marine Biology 111:323–335.
No Atlántico norte, M. trossulus atópase na costa estadounidense de Maine e ao norte cara ao Canadá, así como en localidades dispersas nas costas do norte de Europa. Nestas rexións a miúdo convive e hibrida con Mytilus edulis. Todo o mar Báltico está habitado por unha peculiar poboación de Mytilus trossulus, que amosa unha introgresión xenética de M. edulis e cuxo ADN mitocondrial foi substituído por ADN mitocondrial de M. edulis.Vainola R, Strelkov P (2011) Mytilus trossulus in Northern Europe Marine Biology 158: 817-833.
No Ártico, Mytilus trossulus atópase no noroeste de Groenlandia, onde se atopan espallados na zona intermareal entre 71° N e 77°.
Notas
Categoría:Mitílidos