Rodrigo Secundino Cota González, coñecido como Rodrigo Cota, nado en México DF en 1966, é un xornalista e escritor galego residente en Pontevedra.

Traxectoria Columnista en El Progreso e Diario de Pontevedra, ten colaborado tamén en El Mundo, a TVG, Xornal Diario, Retranca, El País e Luzes. Ademais é escritor e guionista de banda deseñada e cinema. Exerceu de profesor de guión na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético.

Publicacións

Cristóbal Colón, Pontevedra, Caminha (2008). PMMNexc. 176 páxs. ISBN 9788461272402. La loca historia de Pontevedra (2010). Ed. autor. 238 páxs. ISBN 978-84-614-2523-5. Cristóbal Colón. Colón galego (2011). Con Fernando Alonso Conchouso. Lendas ocultas. 328 páxs. ISBN 9788461539772. El inaudito secuestro de Mariano Rajoy (2012). Ed. autor. 170 páxs. ISBN 9788461618187. Con prólogos de Manel Loureiro y Manuel Jabois. (El inaudito secuestro de Mariano Rajoy: en la plaza de toros de Pontevedra consumado por el borracho Tito Nogales que encerró al Presidente en un zulo, hasta que su padre se enteró y vendió al prisionero a otra banda de albaneses: incluye desenlace) David Cal, Támara Echegoyen, Juan José García Cota, Javier Gómez Noya (2014). Deputación de Pontevedra. 133 páxs. ISBN 9788484574309. Furious Monkey House: corre, mono, corre (2016). Libros Cúpula. 189 páxs. ISBN 9788448022822.

Infanto-xuvenil

Vilaspán (2024). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Fernando Tomé. 60 páxs. ISBN 978-84-1176-355-4.

Imaxe e son

Premios IRIS da Academia de Televisión (2013 e 2015) Guionista. Comba e Buxo descobren Galicia: Cerdedo - Cotobade (2018). Realizador e guionista. Ed. Ab Origine. DVD. Føra, o documental (2018). Imaco. DVD. Director. Lupa: na procura do mito da Raíña Loba (2018). Presentador e locutor. Planeta Briz: As aventuras de Lúa e Xan (2019). Realizador e guionista. Efecto PO2 (2020). Realizador e guionista.

Banda deseñada

Centoloman (2009). Con Jano. Rei Zentolo. 32 páxs. Historia curta. Nacho Camacho (2014). Con Jano. Demo Editorial. 48 páxs. ISBN 978-84-940349-8-5.

Premios

2009: Premio ao mellor guión do festival En Curto por A obsesión de Gustav Meyer. 2020: Premio Puro Cora de xornalismo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog Estoy pensando no Diario de Pontevedra Blog: Glub. Por Rodrigo Cota.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes