Boris (en ) é unha banda xaponesa de rock experimental formada no ano 1992 en Tokyo e composta polo batería Atsuo Mizuno, o guitarrista e baixista Takeshi Ohtani, e a guitarrista e teclista Wata. Os tres membros comparten as tarefas vocais. Boris ten publicados máis de vinte álbums de estudio a través de varios delos de todo o mundo, ademais de lanzar unha ampla variedade de álbums do vivo, recompilatorios, EPs, sinxelos e traballos colaborativos.

Historia Boris formouse orixinalmente como un cuarteto con Atsuo Mizuno nas voces, Wata na guitarra, Takeshi Ohtani no baixo e Nagata na batería. A banda chámase así pola canción do mesmo nome aparecida no álbum dos Melvins Bullhead. O álbum de estrea de Boris, Absolutego, foi editado no ano 1996 a través do selo propio selo, Fangs Anal Satan. Nagata marchou en 1996 e Atsuo pasouse á batería, mentres que Wata pasou a tocar os teclados e a guitarra e Takeshi o baixo e a guitarra rítmica cun instrumento de dobre mastro deseñado por el mesmo. Os tres tamén adoptaron roles como vocalistas e a banda permaneceu dende entón como un trío.

No Xapón Boris publica a meirande parte da súa música a través do selo independente Inoxia Records. Aínda que é relativamente descoñecida no seu propio país, unha serie de reedicións dos seus primeiros álbums realizadas polo selo estadounidense Southern Lord Records provocaron un aumento de popularidade en América do Norte. Boris tamén colabora regularmente con outros artistas, primeiro fíxoo no álbum de 1998 Black: Implication Flooding co músico experimental Keiji Haino. A banda editou sete álbums colaborativos co artista noise Merzbow, e tamén publicou traballos con artistas internacionais como Sunn O))) e Ian Astbury.

A súa popularidade internacional reforzouse co seu álbum de 2005 Pink, que foi loubado pola crítica e tivo unha resposta positiva dos fans cando foi reeditado nos Estados Unidos por Southern Lord. As revistas Blender e SPIN nomeárono un dos mellores álbums do ano 2006. O disco tamén chegou á cima da sección de metal na enquisa dos lectores de 2006 da revista canadense Exclaim, e estivo entre os 10 primeiros na lista de Pitchfork Media dos 50 mellores discos do ano. O grupo tamén apareceu na banda sonora da película de Jim Jarmusch The Limits of Control en 2009. Con respecto a Boris, Jarmusch dixo que "o que é realmente destacable é que cando tocan ao vivo están en modo, de certa maneira, de músicos de jazz, non estruturalmente ou musicalmente, senón do xeito no que escoitan o que os outros fan e constrúen sobre iso. Cada vez que tocan algo é obviamente diferente".Jim Jarmusch e Alan Licht, "Invisible Jukebox," The Wire 309, novembro de 2009, p. 23.

Boris pasa gran parte do seu tempo xirando. Nunha entrevista Atsuo dixo:"Que xiremos tanto e publiquemos tantos álbums, penso que representa o que somos. A comunicación directa é algo que se perdeu nestes días. É unha vergoña - [incluso] as entrevistas son por teléfono. Penso que é importante ver á xente cara a cara - por iso é tan importante saír de xira. É algo moi básico para os humanos que perdimos ultimamente".Boris recibiu exposición internacional cando foron abreconcertos de Nine Inch Nails en parte da súa xira Lights in the Sky en 2008. Dende 2011 ata 2017 a banda publicou varios álbums co selo Sargent House Records, e continuou reeditando discos anteriores en formatos novos. En 2017, no 25 aniversario da banda, os seus membros consideraron retirarse tras un último disco. Porén, un exitoso proceso de composición e gravación para ese traballo animounos a continuar. O álbum Dear foi editado internacionalmente en xullo de 2017 a través de Sargent House. Posteriormente Boris editaron dous álbums máis, LφVE & EVφL e 1985, os dous no ano 2019.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloAbsolutego1996Fangs Anal SatanAmplifier Worship1998MangroveFlood2000Midi Creative, Fangs Anal SatanHeavy Rocks2002Quattro/UK Discs, Fangs Anal SatanAkuma no Uta2003Diwphalanx RecordsBoris at Last -Feedbacker-2003Diwphalanx RecordsThe Thing Which Solomon Overlooked2004Kult Of NihilowDronevil2005Misanthropic AgendaSound Track from Film "Mabuta no Ura"2005Essence MusicPink2005Diwphalanx RecordsThe Thing Which Solomon Overlooked 22006Conspiracy RecordsThe Thing Which Solomon Overlooked 32006Conspiracy RecordsVein2006Important RecordsSmile2008Diwphalanx RecordsNew Album2011Tearbridge RecordsHeavy Rocks2011Daymare RecordingsAttention Please2011Daymare RecordingsPräparat2013Daymare Recordings, Disk UnionNoise2014Daymare RecordingsThe Thing Which Solomon Overlooked Extra2014Taiga RecordsUrban Dance2015Fangs Anal SatanWarpath2015Fangs Anal SatanAsia2015Fangs Anal SatanDear2017Sargent HouseLove & Evol2019Third Man RecordsNo2020Fangs Anal SatanW2022Sacred Bones RecordsHeavy Rocks2022Relapse RecordsFade2022Fangs Anal Satan

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1992