DX 1 é un satélite artificial ruso lanzado o 8 de xullo de 2014 mediante un foguete Soiuz-2 1b Fregat-M desde o cosmódromo de Baikonur.

Características DX 1 é un satélite de demostración tecnolóxica fabricado e operado por Dauria Aerospace, sendo o primeiro satélite ruso construído enteiramente con fondos privados. DX 1 ten unha masa de 27 kg e unhas dimensións de 40 x 40 x 30 cm e foi lanzado para probar novas tecnoloxías e software para crear unha plataforma unificada de uso en pequenos satélites. Tamén leva a bordo un receptor AIS (Automatic Identification System) para seguimento de tráfico marítimo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Satélites artificiais