Slothrust é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 2010 en Boston, Massachusetts. O grupo está composto pola vocalista e guitarrista Leah Wellbaum e o baixista Kyle Bann. Ata a data leva publicados seis álbums de estudio.

Historia Leah Wellbaum e Will Gorin comezaron a colaborar cando eran estudantes no Sarah Lawrence College. Despois de tocar en varios grupos do colexio, os dous uníronse para crear música cun son máis "pesado".

O nome Slothrust xurdiu como unha combinación do anterior proxecto de Wellbaum, "Slothbox", e "rust" (ferruxe) para significar o paso do tempo.

Feels Your Pain e Of Course You Do A banda publicou o seu álbum de estrea, Feels Your Pain, en maio de 2012. Este incluía o sinxelo principal "7:30 AM". A canción acabaría sendo o tema de apertura da serie de televisión de FX You're the Worst.

En novembro, Slothrust colaborou con Wreckroom Records para gravar unha versión de "Happy Together" de The Turtles.

O 18 de febreiro de 2014, Slothrust publicou o seu segundo álbum, Of Course You Do, a través do selo Ba Da Bing Records.

Everyone Else O 7 de xullo de 2016 anunciouse que Slothrust asinara coa discográfica Dangerbird Records.

A banda estreou varios temas que levaron ao lanzamento do seu terceiro álbum de estudio, Everyone Else. O seu primeiro sinxelo, "Horseshoe Crab", estreouse a través de Noisey o 10 de agosto de 2016 e foi descrito como "unha historia escura sobre o amor, a perda, o feito de medrar, a depresión e a ansiedade existencial". Máis tarde, Slothrust compartiu "Like a Child Hiding Behind Your Tombstone" e "Horseshoe Crab".

Everyone Else lanzouse o 28 de outubro de 2016. O disco foi descrito como menos colérico e moi relacionado cos soños e coa auga: "Of Course You Do, así como o anterior, Feels Your Pain, son un pouco máis coléricos. Cando escribes cancións nunha etapa máis temperá da túa vida, dependendo de onde esteas, a probabilidade de que sexan máis angustiosas é maior", explicou Wellbaum á Out Magazine. "Non creo que este disco sexa colérico do mesmo xeito. Fai máis preguntas... [Everyone Else] deixa espazo para a interpretación e para as preguntas. E o novo disco trata moi especificamente sobre a auga e os soños, dun xeito que os dous primeiros non o facían".

Co gallo do lanzamento de Everyone Else, a banda anunciou unha xira coa banda Highly Suspect no outono de 2016. Ademais, a banda celebrou o novo álbum cun concerto como cabeza de cartel no que esgotaron as entradas na tenda de música/sala de concertos Rough Trade de Brooklyn o 1 de novembro. A banda interpretou Everyone Else na súa totalidade, ademais de varios temas favoritos dos fans como "7:30 AM", "Crockpot" e "Homewreck Wifey".

A banda pasou a maior parte do ano 2017 xirando, inclúndo xiras cabeza de cartel polos Estados Unidos en marzo, xullo e agosto. O grupo tamén actuou no festival Lollapalooza de Chicago. O 3 de agosto de 2017 anunciouse que Slothrust estaría de xira polo Reino Unido no outono con Manchester Orchestra.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloFeels Your Pain2012Ba Da Bing! RecordsOf Course You Do2014Ba Da Bing! Records, Burger RecordsEveryone Else2016Dangerbird RecordsThe Pact2018Dangerbird RecordsParallel Timeline2021Dangerbird RecordsWhat They Grow in the Garden2026Equal Vision Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Boston, Massachusetts Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 2010