miniatura|Bong Joon-ho é o director do primeiro filme surcoreano nomeado e gañador do premio, Gisaengchung (2019).

Corea do Sur presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1962. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. O candidato de Corea do Sur é escollido anualmente por un comité especial composto polo Consello Coreano do Cinema.

Até o ano 2024, trinta e seis filmes surcoreanos foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, e só un foi finalmente nomeado ó premio, Gisaengchung (2019) quen finalmente gañou o premio, ademais do Óscar ó mellor filme, o Óscar ó mellor director e o Óscar ó mellor guión orixinal. En 2018, Beoning converteuse no primeiro filme surcoreano na lista curta de decembro na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Corea do Norte nunca presentou un filme para participar na competición.

As tres primeiras propostas foron dirixidas por Shin Sang-ok, así como a edición de 1990. Shin fíxose famoso internacionalmente despois de declarar que estivera retido en Corea do Norte entre 1978–1986, e fora obrigado a facer filmes para Kim Jong-il. Lee Chang-dong dirixiu tres dos filmes escollidos por Corea do Sur. Outros seis directores, Lee Doo-yong, Kim Ki-duk, Kim Tae-kyun, Lee Joon-ik, Jang Hoon e Bong Joon-ho, presentaron cadanseus dous filmes.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Corea do Sur para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. Tódalas propostas foron rodadas en lingua coreana.

Ano(Cerimonia) Título Título en coreano Director Resultado 1962(35ª) Sarangbang sonnimgwa eomeoni 사랑방 손님과 어머니 1964(37ª) Beongeori Samryong 벙어리 삼용 1966(39ª) Ssal 쌀 1968(41ª) Kaineui huye 카인의 후예 1969(42ª) Dokjinneun neulgeuni 독 짓는 늙은이 1973(46ª) Biryeonui beongeori samyong 비련의 벙어리 삼용 1984(57ª) Yeo-in Janhoksa Mulle-ya Mulle-ya 여인잔혹사 물레야 물레야 1985(58ª) Eoudong 어우동 1986(59ª) Naeshi 내시 1990(63ª) Mayumi 마유미 1994(67ª) Hollywood Kid Eu Saeng-ae 헐리우드 키드의 생애 1995(68ª) 301, 302 301 302 2000(73ª) Chunhyangjeon 춘향뎐 2002(75ª) Oasiseu 오아시스 2003(76ª) Bom yeoreum gaeul gyeoul geurigo bom 봄, 여름, 가을, 겨울 그리고 봄 2004(77ª) Taegukgi Hwinalrimyeo 태극기 휘날리며 2005(78ª) Welkeom tu dongmakgol 웰컴투 동막골 2006(79ª) Wang-ui namja 왕의 남자 2007(80ª) Miryang 밀양 2008(81ª) Keurosing 크로싱 2009(82ª) Madeo 마더 2010(83ª) Maenbalui Kkum 맨발의 꿈 2011(84ª) Gojijeon 고지전 2012(85ª) Pietà 피에타 2013(86ª) Beomjoe Sonyeon 범죄소년 2014(87ª) Haemoo 해무 2015(88ª) Sado 사도 2016(89ª) Miljeong 밀정 2017(90ª) Taeksi Unjeonsa 택시운전사 2018(91ª) Beoning 버닝 2019(92ª) Gisaengchung 기생충 2020(93ª) Namsanui bujangdeul 남산의 부장들 2021(94ª) Mogadisyu 모가디슈 2022(95ª) Heeojil gyeolsim 헤어질 결심 Park Chan-wook 2023(96ª) Konkeuliteu Yutopia 콘크리트 유토피아 Um Tae-hwa 2024(97ª)Seour-ui Bom 서울의 봄Kim Sung-su 2025(98ª)Eojjeolsugaeopda 어쩔수가없다Park Chan-wook

Notas

Categoría:Cinema de Corea do Sur Corea do Sur