miniatura|270px|Cardume de Diplodus cervinus. Diplodus cervinus, coñecido en galego como sargo acastañado, é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos,Diplodus cervinus (Lowe, 1838) no WoRMS. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.Diplodus cervinus (Lowe, 1838) en FishBase. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.Diplodus cervinus (Lowe, 1838) no ITIS. Consultada o 23 de xaneiro de 2020. unha das 23 integradas actualmente (2020) no xénero Diplodus.Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS]. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1838 polo ictiólogo e malacólogo inglés, Richard Thomas Lowe, especializado na flora e máis na fauna mariña do arquipélago de Madeira, baixo o nome de Charax cervinus.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes: Charax cervinus Lowe, 1838 (protónimo) Diplodus cervinus cervinus (Lowe, 1838) Diplodus trifasciatus (Rafinesque, 1810) Sargus cervinus (Lowe, 1838) Sargus trifasciatus (Rafinesque, 1810) Sparus trifasciatus Rafinesque, 1810
Nome galego O ictiólogos galegos propoñen para esta especie o nome de sargo acastañado.
Subespecies Tradicionalmente recoñecíanse dentro da especie as seguintes tres subespecies: Diplodus cervinus cervinus (Lowe, 1838) Diplodus cervinus hottentotus (Smith, 1844), que habitaba no océano Índico Diplodus cervinus omanensis Bauchot & Bianchi, 1984, propia das costas surafricanas e do mar de Arabia Pero segundo o World Register of Marine Species na actualidade (2020), non se recoñece ningunha, xa que: Diplodus cervinus cervinus identifícase como Diplodus cervinus (Lowe, 1838) Diplodus cervinus hottentotus está considerada como a especie Diplodus hottentotus (Smith, 1844) Diplodus cervinus omanensis recoñécese como a especie Diplodus omanensis Bauchot & Bianchi, 1984
Da mesma opinión é o Sistema Integrado de Información Taxonómica, que non recoñece ningunha subespecie.
Características miniatura|270px|Diplodus cervinus nun acuario do Museo Oceanográfico de Mónaco. O sargo acastañado ten un corpo de forma ovalada, comprimido lateralmente, e alto nos xuvenís, xa que nos adultos isto non é tan marcado por mor do grosor do rostro e dos labios, e do avultamento da caluga. No adulto a cabeza presenta rostro groso, ollos pequenos e boca terminal cun fociño acabado en punta, cuns labios grosos. O maxilar superior está armado con de 10 a 12 dentes incisivos estreitos, alongados e implantados oblicuamente; na mandíbula hai 8 incisivos, e en ambos os maxilares hai dúas series de dentes molariformes (en forma de moa).
A súa cor de fondo é prateada ou agrisada con bandas verticais escuras, as cinco primeiras percorren o corpo desde o pedúnculo pedúnculo caudal até o nivel das aletas pectorais, e outra característica banda escura atravesa o espazo entre os ollos. A aleta caudal é alta, e de lonxitude igual á da cabeza; as aletas pectorais son máis longas que as pelvianas, que alcanzan no seu extremo distal a orixe da aleta anal. Todas as aletas son de cor moi escura. A liña lateral, completa, aparece fortemente arqueada.
É un peixe que pode alcanzar unha lonxitude máxima de 55 cm, pero a lonxitude media é de 35 cm.Bauchot, M.-L., J.-C. Hureau & J. C. Miguel (1981): "Sparidae". En W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purposes. Eastern Central Atlantic. (Fishing Areas 34, 47 (in part). volume 4. Roma: FAO. O tamaño normal dos espécimes que se pescan vai dos 30 aos 35 cm.
Distribución e hábitat Diplodus cervinus atópase no Atlántico oriental, desde o golfo de Biscaia até Suráfrica, e tamén no mar Mediterráneo, aínda que neste mar é pouco común.
A súa área de distribución abarca desde os 47° N até os 35° S, e desde os 19° O até os 36° L.
É un peixe de augas mariñas subtropicais, bentopeláxico, que habita na plataforma continental, en fondos rochosos de 30 a 80 m de profundidade, oceanódromo,Riede, K. (2004)): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Bonn, Alemaña: Federal Agency for Nature Conservation (Bundesamt für Naturschutz). pero tamén pode descender até os 300 m en fondos fangosos. Forma pequenos grupos de 4 o 5 individuos de diferentes tamaños.
Os xuvenís prefiren zonas pouco profundas e tranquilas con rochas, e sobre praderías submarinas de Zostera sp.
Os adultos adoitan viviren en noiros rochosos, e entre restos de barcos naufragados, a profundidades de entre os 30 aos 80 m.
Bioloxía Segundo a presión pesqueira que sofre na zona dos fondos mariños, o sargo acastañado ten un comportamento solitario ou gregario.Diplodus cervinus (Lowe, 1838) den Doris.
Diplodus cervinus é carnívoro, e a súa dieta constitúena principalmente organismos invertebrados bentónicos, como ourizos de mar, vermes e moluscos bivalvos.
Reprodúcese nos meses de febreiro a abril.
Ammeazas Diplodus cervinus e obxecto de sobrepesca no arquipélago Canario.Pajuelo, J.; Lorenzo, J.; Domínguez, R.; Ramos, A. & Gregoire, M. (2003): "On the Population Ecology of the Zebra Seabream Diplodus cervinus cervinus (Lowe 1838) from the Coasts of the Canarian archipelago, North West Africa". Environmental Biology of fishes 67 (4): 407-416. Dado que esta especie ten un proceso vital relativamente lento e un longo tempo de xeración, crese que este impacto representa unha ameaza significativa para as poboacións locais.
Estado de conservación Segundo os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), a nivel global Diplodus cervinus abarca unha área de dispersión desde o mar Cantábrico até o arquipélago Canario e o de Cabo Verde. A especie, nas Canarias, é obxecto de sobrepesca, polo aque é necsario controlala, xa que experimentou unha redución da súa abundancia até o 85 % do nivel de equilibrio, e co 58 % das capturas totais inferiores á lonxitude do peixe na madurez. Iniciativas de repoboación tiveron lugar en augas portuguesas do arquipélago de Madeira, pero é probábel que se precise unha xestión adicional para evitar que descenda a poboación. Pese a iso, a UICN cualifica a especie, a nivel global, como LC (pouco preocupante).Russell, B., Buxton, C. D., Carpenter, K. E. & Pollard, D. (2014): Diplodus cervinus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-3. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.
A nivel europeo, Diplodus cervinus pode ser abundante localmente nas augas europeas, e hai evidencias de que a distribución da especie no Mediterráneo occidental se expandiu nos últimos anos, posibelmente como consecuencia do cambio climático. Existen algunhas evidencias de descensos da poboación nalgúnhas zonas, polo que a UICN recomenda que a especie sexa controlada de cerca, cualificando, porén, o seu status como LC (pouco procupante).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauchot, M. L. & Hureau, J. C. (1986): "Sparidae". En: P. J. P. Whitehead; M. L., Bauchot; J. C. Hureau; J. Nielsen & E. Tortonese (eds.), Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean, 2 vols. París: UNESCO. ISBN 92-3-002215-2 (vol. 1), ISBN 92-3-002308-6 (vol. 2), pp. 883-907. Bauchot, M. L. & Smith, M. M. (1984): "Sparidae". En: W. Fischer & G. Bianchi (eds.), FAO species identification sheets for fishery purposes. Western Indian Ocean (Fishing Area 51). Roma: FAO. Bauchot, M. L. & Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-683-6. Bodington, P. (2000): "Enterprise experiences in the culture of new sparids". Cahiers Options Méditerranéennes 47 : 135–139. De la Paz, R. M.; Bauchot, M. L. & Daget, J. (1973): "Les Diplodus (Perciformes, Sparidae) du groupe Sargus: systématique et phylogénie". Ichthyologia 5: 113–128. Fischer, W.; Bauchot, M. L. & Schneider, M. (1987): Fiches FAO d'identification des espèces pour les besoins de la pêche. (Révision 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de Pêche 37. Volume 2: Vertébrés. ("Sparidae"). Roma: FAO. Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8. Miller, Peter J. & Loates, Michael J. (1999): Peces de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-123-X. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Laura Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneraluidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-7507-784-0.
Outros artigos Espáridos Diplodus
Ligazóns externas Diplodus cervinus na ADW. Oman Porgy. Diplodus cervinus (Lowe 1838) na EOL. Fotos de Diplodus cervinus na Sealife Collection.
Categoría:Espáridos Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Animais descritos en 1838