Diplodus cadenati é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes e familia dos espáridos,Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 no WoRMSDiplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 en FishBase.Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 no GBIF. unha das 23 integradas actualmente (2020) no xénero Diplodus.Diplodus Rafinesque, 1810 no WoRMS]. Consultada o 23 de xaneiro de 2020.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1974 polos ictiólogos de la Paz, Bauchot e Daget, como unha subespecie de Diplodus sargus, pero foi admitida como especie plena polo World Register of Marine Species, aínda que moitos autores seguen a considerala unha subespecie de D. sargus.
Sinónimo Diplodus sargus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 (protónimo).Sinónimos de Diplodus cadenati de la Paz, Bauchot & Daget, 1974 en FishBase.
Hábitat e distribución É unha especie costeira, subtropical, asociada a arrecifes e zonas rochosas. Distribúese desde o norte do Senegal até o golfo de Biscaia, incuídas as illas da Macaronesia, entre as coordenadas 48° 15° e 18º 5° O.
Características Ten unha aparencia similar á de todos os membros do xénero, co corpo ovalado, comprimido lateralmente, e boca terminal, coas dúas clases de dentes, incisivos e molariformes.
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 45,0 cm, aínda que a maioría dos espécimes non pasan dos 25,0 cm.Bauchot, M.-L.; J.-C. Hureau & J. C. Miguel (1981): "Sparidae". En W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purposes. Eastern Central Atlantic. (Fishing Areas 34, 47 (in part). volume 4. Roma: FAO. (Ver Volume 4 en PDF).
Bioloxía Forma cardumes, e habita en fondos rochosos até profundidades de aproximadamente 150 m; as crías encóntranse a miúdo sobre pradeiras mariñas de Zostera sp. Aliméntase sobre todo de moluscos e pequenos crustáceos, aínda que tamén come algas e corais.Bauchot, M.-L. & J.-C. Hureau (1990): "Sparidae". En J. C. Quero, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Vol. 2, pp. 790-812. Lisboa: JNICT / París: SEI / Paría: UNESCO.
É un hermafrodita con protandria parcial.Pajuelo, J. G. & J. M. Lorenzo (2002): "Growth and age estimation of Diplodus sargus cadenati (Sparidae) off the Canary Islands". Fisheries Research 59: 93-100. É dicir, as gónadas masculinas maduran antes que as femininas, polo que algúns machos coa idade transfórmanse en femias.Pajuelo, J. G. & J. M. Lorenzo (2004): "Basic characteristics of the population dynamic and state of exploitation of Moroccan white seabream Diplodus sargus cadenati (Sparidae) in the Canarian archipelago". J. Appl. Ichthyol. 20 (1):15-21.
A súa lonxevidade máxima rexistrada foi de 12 anos.
Estado de conservación Diplodus sargus ssp. cadenati está estendido ao longo da costa occidental africana, sendo común en partes da súa área de dispersión. É obxecto de explotación pesqueira, pero non hai probas de sobrepesca na actualidade. Ademais, atópase en áreas mariñas protexidas en partes da súa área e, polo polo que a UICN cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).Carpenter, K. E.; Russell, B. & Pollard, D. (2014): Diplodus sargus ssp. cadenati na Lista vermella da UICN.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Summerer, M., Hanel, R. & Sturmbauer, C. (2001): "Mitochondrial phylogeny and biogeographic affinities of sea bream of the genus Diplodus (Sparidae)". Journal of Fish Biology 59: 1639–1652. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357-374.
Outros artigos Espáridos Diplodus Sargo
Categoría:Espáridos