Vera Jayne Palmer, nada en Bryn Mawr o 19 de abril de 1933 e finada en Eastern New Orleans o 29 de xuño de 1967, foi unha actriz estadounidense de cinema, teatro e televisión coñecida como Jayne Mansfield. Foi tamén animadora de clubs nocturnos e cantante e unha das primeiras Playmates de Playboy. Foi un importante símbolo sexual de Hollywood durante as décadas de 1950 e 1960 cun contrato con 20th Century Fox. Tamén foi célebre pola súa publicitada vida privada e as súas montaxes públicas, como os "fallos de vestiario".

A carreira de Mansfield no cinema foi breve, mais tivo varios éxitos de recadación e gañou un Theatre World Award e un Globo de Ouro. Gozou de éxito no papel da actriz ficticia Rita Marlowe, tanto na versión de Broadway de 1955–1956 como na versión cinematográfica de 1957 de Will Success Spoil Rock Hunter? Outras interpretacións importantes foron en The Girl Can't Help It (1956), The Wayward Bus (1957) e Too Hot to Handle (1960). Foi a primeira actriz estadounidense importante de Hollywood que realizou unha escena espida, en Promises! Promises! (1963).

Mansfield tomou o seu nome artístico do seu primeiro marido, o relacións públicas Paul Mansfield. Estivo casada e divorciouse tres veces e tivo cinco fillos. Presuntamente tivo relacións con numerosos homes, incluídos Robert e John F. Kennedy, o seu avogado Samuel S. Brody e o animador de Las Vegas Nelson Sardelli. O 29 de xuño de 1967, faleceu nun accidente de tráfico en Eastern New Orleans aos 34 anos.

Falecemento

En 1967, Mansfield estaba en Biloxi, Mississippi, por un compromiso no Gus Stevens Supper Club. Tras dúas aparicións na tarde do 28 de xuño, Mansfield, Sam Brody (o seu avogado e parella), o seu chofer Ronnie Harrison (de 20 anos), e tres dos seus fillos (Miklós, Zoltán e Mariska) abandonaron Biloxi despois da medianoite nun Buick Electra 225 de 1966. O seu destino era Nova Orleáns, onde Mansfield ía aparecer no Midday Show da WDSU o día seguinte. Aproximadamente ás 2:25 a.m., na U.S. Highway 90, ao oeste de Rigolets Bridge, o Buick chocou a gran velocidade coa parte traseira dun remolque dun camión que reducira a velocidade porque outro camión estaba esparexendo insecticida que formaba unha néboa. Os tres adultos do asento dianteiro morreron instantaneamente. Os nenos, que durmían no asento de atrás sobreviviron con pequenas feridas.

Trala súa morte, o NHTSA recomendou esixir unha barra parachoques na parte inferior de todos os remolques; a industria dos camións pouco a pouco adoptaron o cambio. Nos Estados Unidos o aparello adoita chamarse "barra Mansfield". O coche foi gardado por un coleccionista privado de Florida, onde se converteu nunha atracción na década de 1970. En 2019 era propiedade de Scott Michaels e amosábase no Dearly Departed Tours & Artifact Museum dos Ánxeles preto do Hollywood Forever Cemetery.

Funeral O funeral de Mansfield tivo lugar o 3 de xullo en Pen Argyl, Pensilvania. O servizo foi dirixido por Charles Montgomery, pastor da Igrexa Metodista de Sión. Realizouse un funeral privado na capela de Pullis Funeral Home. Un ministro metodista dirixiu a cerimonia. Mickey Hargitay foi o único dos seus ex maridos que asistiu ao funeral.

Mansfield foi enterrada no cemiterio Fairview, ao sueste de Pen Argyl, xunto ao seu pai Herbert Palmer. Na súa tumba, con forma de corazón, lese "We Live to Love You More Each Day" ("Vivimos para amarte máis cada día"). Colocouse un cenotafio no Hollywood Forever Cemetery en Hollywood por parte do club de fans de Jayne Mansfield, mais escribiuse incorrectamente a data do seu nacemento como 1938 (Mansfield tendía a dar información incorrecta sobre a súa idade).

Recoñecemento miniatura|Estrela de Mansfield no Paseo da Fama de Hollywood no 6328 Hollywood Boulevard. A estrela da súa filla Mariska Hargitay situouse próxima á súa en 2013.SJean-Philippe Darquenne, Mariska Hargitay : son étoile sur la Walk Of Fame !, Ciné Télé Revue|alt=Jayne Mansfield's star on the Hollywood Walk of Fame Jayne Mansfield recibiu un Theatre World Award (Personalidade Prometedora) por Will Success Spoil Rock Hunter? en 1956. Recibiu un Globo de Ouro (Nova Estrela do Ano, actriz) por Will Success Spoil Rock Hunter? en 1957. Recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood o 8 de febreiro de 1960 pola súa contribución ao cinema.Jayne Mansfield – Awards O día da nai de 1960 o Mildred Strauss Child Care Chapter do Hospital Monte Sinaí de Nova York declarou a súa familia como "Familia do Ano". Os xornalistas italianos de cinema, radio e televisión outorgáronlle o premio Máscara de Prata en 1962. Mansfield recibiu en Italia o Oscar dos Dous Mundos. En 1963, Mansfield foi votada como unhas das dez atraccións para o público por unha organización de donos de teatros estadounidenses pola súa interpretación en Promises! Promises! (filme prohibido en parte dos Estados Unidos). En 1968, Hollywood Publicists Guild declarou que entregarían o "Premio Jayne Mansfield" á actriz que recibise a maior exposición e publicidade no ano. Raquel Welch foi a primeira gañadora do premio en 1969.

Legado Mansfield deixou cinco fillos, unha propiedade en ruínas,Claudia Luther, "Jayne Mansfield Estate Depleted of Funds for Heirs", Saratosa Herald-Tribune, page 3E, 09-30-1977UPI, "Jayne Mansfield left a penniless estate", Lodi News Sentinel, page 12, 09-30-1977AP, "Mansfield's Children Find Estate Empty", The Daily Courier, page 8A, 09-30-1977 incluído o Pink Palace, un gran número de seguidores e un impacto duradeiro na cultura popular. O sinxelo "Kiss Them For Me" do grupo Siouxsie and the Banshees e a canción de L.A. Guns "The Ballad Of Jayne", falan de Mansfield e da súa morte.

A súa filla, Mariska Hargitay, converteuse en actriz e estrela de Law & Order: Special Victims Unit.

Varias artistas foron denominadas como "a nova Jayne Mansfield", como a actriz italiana Marisa Allasio. A actriz, modelo e Playmate do Ano en 1993 Anna Nicole Smith foi chamada "unha Jayne Mansfield para os noventa" a causa do seu parecido físico e a mestura de glamour e traxedia na súa vida. A drag queen e actor Divine foi seleccionado polo cineasta John Waters para parodiar a Mansfield en Mondo Trasho. According to The Hollywood Reporter "if it weren't for Mansfield then, there would likely be no Kardashians today".

Notas

Véxase tamén Bibliografía Michael Feeney Callan (1986) Pink Goddess: The Jayne Mansfield Story. W H Allen.

Ligazóns externas

(requírese subscrición)

Categoría:Nados no condado de Montgomery, Pensilvania Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Pensilvania Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Finados en accidente de tráfico