Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg (en alemán: Staatliche Münzen Baden-Württemberg –SMBW–) é a denominación da entidade resultante da fusión, en 1998, da Casa da Moeda de Stuttgart e da Casa da Moeda de Karlsruhe, con sedes en senllas localidades do Estado alemán de Baden-Württemberg."Our Mints ". Staatliche Münzen Baden-Württemberg.

Tras a fusión, a nova entidade produce arredor do 40 % das moedas alemás do sistema do euro, tanto as de curso legal como as destinadas ao coleccionismo e ao investimento.

Malia estaren unidas nunha única razón social, ambas as casas de moeda manteñen as súas marcas de ceca históricas, desde 1871: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe.

Staatliche Münzen Baden-Württemberg foi elixida por Letonia para a produción das súas moedas de euro desde a súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro de 2014. A licitación para a cuñaxe dos euros letóns fixérase pública o 20 de setembro de 2012, e o 10 de decembro dese mesmo ano anunciouse a adxudicación do contrato á institución alemá."Bank of Latvia Announces Tender to Mint Euro Coins for Latvia". En Latvia Today. 27 de decembro de 2012. "Latvia begins minting euro coins". Latvijas Banka. 31 de xullo de 2013."Latvian Euro Coins ". Latvijas Banka."Latvijas eiro monētas kals Vācijā par 5,306 miljoniem eiro" ("A moeda de euro letoa cuñada en Alemaña por 5.306 millóns de euros"). En TVNET. 10 de decembro de 2012."German mint strikes 400 million new euro coins for Latvia". En Coins Weekly. 8 de agosto de 2013.

A produción das primeiras moedas comezou xa en xullo de 2013, aínda que todas amosan a data da súa posta en circulación (2014). A repartición entre as cecas foi: 1 céntimo, 10 céntimos e 1 euro, na ceca de Karlsruhe, e o resto de valores na de Stuttgart. Nos anos seguintes, entre 2015 e 2018, as cuñaxes para Letonia centralizáronse na ceca de Stuttgart."Vācijā sākta Latvijas eiro monētu kalšana" (gal: "A moeda do euro letón comezou en Alemaña"). En Delfi Bizness. 31 de xullo de 2013.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casa de moeda Cuñaxe

Ligazóns externas

Sitio web das Casas da Moeda Estatais de Baden Württemberg "Why Gernany has Five State-Owned Mints". En Coins Weekly. 1 de febreiro de 2017

Categoría:Casas de moeda de Alemaña Categoría:Baden-Württemberg Categoría:Historia de Alemaña