A República Dominicana presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1983. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a República Dominicana para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1983(56ª) Guaguasi 1988(61ª) Un pasaje de ida 1995(68ª) Nueba Yol 2011(84ª) La hija natural 2012(85ª) Jaque mate José María Cabral 2013(86ª) ¿Quién manda? Ronni Castillo 2014(87ª) Cristo Rey Leticia Tonos 2015(88ª) Dólares de arena Laura Amelia Guzmán, Israel Cárdenas 2016(89ª) Flor de azúcar Fernando Baez Mella 2017(90ª) Carpinteros José María Cabral 2018(91ª) Cocote Nelson Carlo de Los Santos Arias 2019(92ª) El proyeccionista José María Cabral 2020(93ª) Mis 500 locos Leticia Tonos 2021(94ª) La fiera y la fiesta Laura Amelia Guzmán e Israel Cárdenas 2022(95ª) Bantú Mama Iván Herrera 2023(96ª) Cuarencena David Maler 2024(97ª) Aire Leticia Tonos 2025(98ª) Pepe Nelson Carlo De Los Santos Arias

Notas

Categoría:Cinema da República Dominicana Dominicana, Republica