miniatura|Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.
Espasa-Calpe foi unha editorial española que existiu durante boa parte do século XX.
Historia Naceu en 1925 da unión de dúas editoriais: Calpe, fundada en 1918 por Nicolás María de Urgoiti, e Espasa, fundada en 1860 por Pablo e José Espasa Anguera.
A empresa xurdida da fusión, denominada Espasa-Calpe, quedou baixo o control da compañía Papelera Española, e no seu momento constituíu unha das empresas editoriais máis importantes da época. A nova editorial contou ademais cun ventaxoso contrato de subministración coa Papelera. Ademais, Calpe comprometeuse a continuar a produción da famosa Enciclopedia «Espasa», e tamén a súa distribución. Espasa-Calpe abriu en Madrid unha importante librería, a Casa del Libro, situada en plena Gran Vía. Continuou coa produción da agora denominada Enciclopedia Espasa-Calpe. Ademais, ampliou as súas operacións cara a América do Sur, establecendo unha sede na capital arxentina, Buenos Aires. Desde alí estendeu o seu mercado a outros países, como Chile, Uruguai, Perú, México ou Cuba.
En 1984 a editorial instituíu o Premio Espasa-Calpe de Ensaio, de carácter anual, que segue entregándose hoxe en día.
Espasa-Calpe continuu existindo ata que en 1991 foi adquirida polo Grupo Planeta, que pagou por ela a cifra de 15.000 millóns de pesetas da época. Desde entón pasou a formar parte do grupo Planeta, aínda que mantendo a súa identidade como editorial «Espasa».
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Colección Austral
Categoría:Editoriais de España desaparecidas Categoría:Grupo Planeta