Para outros significados, véxase a páxina de homónimos Guinea (homónimos).
A guinea foi unha moeda de ouro de aproximadamente un cuarto de onza de peso que se emitiu en Gran Bretaña entre os anos 1663 e 1813. Toma o seu nome da rexión de Guinea en África occidental, de onde procedía gran parte do ouro que se utilizou para a súa cuñaxe.Clayton, T. "Guinea". En Coins of England and Great Britain: "It has been dealt with here as the term guinea originally referred to the place in Africa from which much of the metal was obtained, rather than as a denomination. Its value fluctuated from the original 20 shillings, and it was not fixed at 21 shillings until late in 1717". Orixinalmente tiña o valor dunha libra esterlina, igual a vinte xilins, mais os aumentos no prezo do ouro en relación á prata fixeron que o seu valor aumentase, en ocasións ata os trinta xilins. Entre 1717 e 1816, o seu valor fixouse oficialmente en vinte e un xilins."Guinea". No DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego."The Gold Guinea". The Royal Mint."Guinea". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7Chisholm, H. ed. (1911).
Cando Gran Bretaña adoptou o padrón ouro, a guinea continuou apenas como unidade de conta, malia non circular a súa especie física, para indicar unha cantidade dunha libra mais un xilin (21 xilins) ou, xa na época decimal, unha libra e cinco peniques.
Emitíronse tamén fraccións dun cuarto, un terzo e media guinea, e múltiplos de dúas e de cinco guineas."¼ Guinea", "? Guinea", "½ Guinea", "1 Guinea", "2 Guineas" e "5 guineas". Numista.
Historia
Orixes: século XVII miniatura|Guinea a nome de Carlos II As primeiras guineas cuñáronse o 6 de febreiro de 1663, en substitución da unite, e unha disposición publicada o 27 de marzo do mesmo ano deulles o status de moeda legal. Estipulouse entón que de cada libra troy (373,24 gramos) de ouro de 22 quilates (916 milésimas) debían saír 44 guineas e media. Xa que logo, o seu peso teórico era de 8,38 gramos.Stride, H. G. (1955).
Carlos II (1600-1685) A variación da paridade entre o valor do ouro e o da prata durante o reinado de Carlos II (1600-1685) supuxo unha alteración do valor da guinea, que orixinariamente era o dunha libra ou vinte xilins, de maneira que na década de 1680 a moeda equivalía a 22 xilins. Como mostra das flutuacións do seu valor, nas súas anotacións no diario do 13 de xuño de 1667, o funcionario inglés Samuel Pepys rexistrou que o seu prezo era daquela de 24 a 25 xilins."Diary of Samuel Pepys/1667/June". Wikisource.
O diámetro da guinea foi dunha polgada (25,4 mm) ao longo de todo o reinado de Carlos II, e a pureza media do ouro era de 0,9100 milésimas (segundo os datos duns ensaios feitos en 1773 sobre exemplares cuñados no ano anterior.Hatton, T. (1773).
A moeda emitiuse anualmente entre 1663 e 1684. Nalgúns dos exemplares das guineas emitidas en 1663, 1664, 1665 e 1668 aparece gravada baixo o busto a figura dun elefante, ao que se lle engade un castelo nalgunhas moedas de 1674 e 1675. O elefante simbolizaba a Compañía Real Africana (Royal African Company), fundada en 1660, cuxas actividades nas costas do golfo de Guinea deron como resultado a importación de moito ouro por Inglaterra.Homren, W. (2014). "The Royal African Company Mark". En The E-Sylum. Vol. 17. Nº 37. Setembro.Venable, S. L. (2011). 0Roettier%22&f=false Páxina 145.Margolin, S. (2010). "Guineas". En Rice, K. S.; Katz-Hyman, M. B. (eds.). World of a Slave: Encyclopedia of the Material Life of Slaves in the United States. ABC-CLIO. Páxina 259. ISBN 9780313349430. "The coins were named because much of the gold used to produce them came from the Gold or 'Guinea' Coast of West Africa and was provided by the Royal African Company, which had been granted a monopoly of the Africa trade from 1672 until 1698. Coins produced from African gold bore the company's distinctive emblem below the monarch's head: an elephant or elephant and a castellated howdah, an ornate canopied seat used for riding on elephants and camels".
Ambas as faces das guineas de Carlos II foron deseñadas por John Roettier (1631-1703)."Roettiers (Roettier, or Rotier), John (or Jan)". En Forrer, L. (1912). Biographical dictionary of medallists [...]. Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 161-173."Roettiers, Roettier, or Rotier, John (1631-1703)". En Warwik, W. W. (1885-1900). Dictionary of National Biography. Vol. 49. Os anversos amosan un fino busto do rei ollando á dereita cunha coroa de loureiro (emendada varias veces durante o reinado), rodeado pola lenda CAROLVS II DEI GRATIA ("Carlos II pola Graza de Deus"). Nos reversos representáronse catro escudos cruciformes coroados, de Inglaterra, Escocia, Francia e Irlanda, entre os que se amosan catro cetros e, no centro, catro C entrelazados, todo rodeado pola lenda MAG BR FRA ET HIB REX ("Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda"). O canto é estriado, para evitar o recorte e a extracción do ouro e para distinguir a moeda con respecto á media coroa de prata, que tiña unha inscrición no canto. Ata 1669, as estrías do canto eran perpendiculares ao bordo da moeda, en tanto que a partir de 1670 pasaron a ser diagonais.Cuhaj, G. S.; Michael, T. (2014). "Great Britain".
Xacobe II (1685-1688) miniatura|Guinea a nome de Xacobe II O deseñador John Roettier continuou ocupándose dos cuños para as guineas do reinado de Xacobe II (1685-1688). Neste período, as moedas pesaban 8,5 gramos (0,30 onzas) e tiñan un diámetro de entre 25 e 26 mm, cunha pureza media do ouro de 909 milésimas. As moedas destes catro anos emitíronse tanto coa presenza das marcas do elefante e o castelo como sen elas. O busto real olla agora á esquerda e está rodeado pola lenda IACOBVS II DEI GRATIA ("Xacobe II pola Graza de Deus"). Tanto o canto como o reverso son herdados do seu antecesor, agás pola ausencia dos C entrelazados no centro do reverso.
Guillerme e María (1689-1694) miniatura|Guinea a nome de Guillerme e María Coa destitución de Xacobe II na Revolución Gloriosa de 1688, a súa filla María e o esposo desta, o príncipe Guillerme de Orange reinaron conxuntamente.Schöpe, B. (2010). "A Glorious Revolution". En Coins Weekly. 10 de xuño. As súas cabezas amósanse unidas e en estilo romano clásico nas guineas, a de Guillerme na parte dianteira e a de Ana atrás, coa lenda GVLIELMVS ET MARIA DEI GRATIA ("Guillerme e María pola Graza de Deus"). Neste período, o deseño do reverso foi totalmente renovado, cun grande escudo coroado que abrangue os de Inglaterra, Francia, Escocia e Irlanda, e co león rampante de Nassau no centro. A lenda do reverso é MAG BR FR ET HIB REX ET REGINA ("Rei e Raíña de Gran Bretaña, Francia e Irlanda").
Na primeira parte deste reinado o valor da guinea chegou a incrementarse ata chegar aos 30 xilins. O seu peso e o seu diámetro mantíñanse en 8,5 gramos e de 25 a 26 mm, e Roettier seguía a encargarse do seu deseño. As guineas cuñáronse sen interrupción entre 1689 e 1694, en versións coas marcas de elefante e castelo e sen elas (agás en 1692 e en 1694, cando só se usou a marca do elefante).
Guillerme III (1695-1702) miniatura|Ponderal monetario dunha guinea da época de Guillerme III Logo do falecemento da raíña María por varíola en 1694, Guillerme continuou o seu reinado en solitario. As guineas continuaron cuñándose con regularidade desde 1695 ata 1701, coa marca elefante-castelo e sen ela, e suponse que Johann Crocker, un gravador procedente de Dresden, no Ducado de Saxonia, sucedeu como deseñador a Roettier a partir do falecemento deste en 1698."Croker, John (1670-1741)". En Warwik, W. W. (1885-1900). Dictionary of National Biography. Vol. 49.
As guineas do reinado de Guillerme III baixaron o seu peso a 8,4 g, cunha pureza do ouro de 912 milésimas. O seu diámetro mantívose nos 25–26 mm ata 1700 e subiu a 26–27 mm na emisión de 1701. No anverso aparece o busto real ollando á dereita, rodeado pola lenda GVLIELMVS III DEI GRATIA. Para o reverso considerouse que o deseño utilizado no reinado coa súa esposa non tivera éxito e retomouse o que caracterizara as emisións de Carlos II e Xacobe II, aínda que mantendo o pequeno león de Nassau no centro. A lenda do reverso é MAG BR FRA ET HIB REX e o canto é estriado diagonal.
Século XVIII
Raíña Ana (1702-1714) esquerda|miniatura|300x300px|5 guineas da raíña Ana (1703) coa lenda VIGO baixo o busto, en conmemoración da Batalla de Rande
No período da raíña Ana emitíronse guineas todos os anos bardante 1704. As moedas datadas en 1703 amosan baixo o busto do anverso a palabra VIGO, en conmemoración da procedencia do ouro utilizado para a súa cuñaxe, capturado na ría viguesa na Batalla de Rande."Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. Páxinas 173-176. ISBN 84-605-9958-2"VIGO gold 5 guineas sets record for any British coin". En World Coins. 1 de febreiro de 2019."As moedas de Vigo de cinco guineas que contou Newton". En La Voz de Galicia. 20 de a gosto de 2018.“Dos monedas de ´Vigo´, adjudicadas por más de un millón de euros en Londres”. En Faro de Vigo. 16 de xaneiro de 2019.
Coa Lei da Unión de 1707, pola que se crea o Reino unificado de Gran Bretaña, a través da unión dos parlamentos de Escocia e de Inglaterra, modificouse o deseño dos reversos das guineas, as primeiras que se poden considerar propiamente británicas.Texto da Lei da Unión de 1707. En Wikisource. Ata a unión, os escudos cruciformes do reverso amosaban en orde as armas de Inglaterra, Escocia, Francia e Irlanda, separadas por cetros e cunha rosa no centro, e coa lenda MAG BR FRA ET HIB REG ("Raíña de Gran Bretaña, Francia e Irlanda"). A partir da Lei da Unión, as armas inglesas e escocesas aparecen unidas nun escudo, repetidas no primeiro e no cuarto cuartel. As marcas do elefante e o castelo poden aparecer nas moedas de 1708 e de 1709. O centro do motivo do reverso amosa a estrela da Orde da Xarreteira.Cu haj, G. S.; Michael, T. (2013). "Great Britain".
As guineas deste período pesan 8,3 gramos e teñen un diámetro de 25 mm, e están cuñadas en ouro de 913 milésimas. As estrías do canto seguen a ser diagonais.
Os cuños de todas as guineas dos reinados de Ana e de Xurxo I foron gravados por Johann Crocker.
Xurxo I (1714-1727) miniatura|160x160px|Cuarto de guinea de Xurxo I As guineas a nome de Xurxo I emitíronse sen interrupción entre 1714 e 1727, e entre elas as marcas do castelo e o elefante aparecen nalgunhas moedas datadas en 1721, 1722 e 1726. O seu peso oscila entre 8,3 e 8,4 gramos, e o seu diámetro entre 25 e 26 milímetros, cunha pureza media do ouro de 913 milésimas.
Unha característica singular deste período foi a utilización de cinco bustos diferentes do monarca durante os anos de emisión. Outro feito rechamante é que nas guineas de 1714 a lenda do anverso declara o rei como Príncipe Elector do Sacro Imperio Romano. Neste anverso obsérvase o busto real ollando á dereita, coa lenda GEORGIVS D G MAG FR ET HIB REX F D ("Xurxo, pola Graza de Deus, Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda, Defensor da Fe"). Nas datas posteriores, a lenda é GEORGIVS D G M BR FR ET HIB REX F D. Canto aos reversos, estes continúan o mesmo deseño xeral das anteriores, excepto pola orde dos escudos, que pasa a ser Inglaterra e Escocia, Francia, Irlanda e Hannover, coa lenda, en 1714, BRVN ET LVN DUX S R I A TH ET PR EL ("Duque de Brunswick e Lueneburg, Arquitesoureiro e Príncipe Elector do Sacro Imperio Romano"). Para o resto dos anos, a lenda é BRVN ET L DUX S R I A TH ET EL ("Duque de Brunswick e Lueneburg, Arquitesoureiro e Elector do Sacro Imperio Romano"). Os cantos manteñen as estrías diagonais.