Dame Jean Iris Murdoch, nada en Dublín o 15 de xullo de 1919 e finada en Oxford o 8 de febreiro de 1999, foi unha escritora e filósofa irlandesa, coñecida polas súas novelas en que combina unha rica caracterización con animados argumentos, incluíndo, polo xeral, temas de índole moral ou sexual.Artículo sobre Iris Murdoch en www.nytimes.com (en inglés)Jaume, A. (2019). "La más lista de Oxford". El País, sábado, 9 de marzo, suplemento Babelia, pp. 2-3. (Consultado o 9 de marzo de 2019)

A súa primeira novela publicada Under the Net foi seleccionada en 2001 pola editorial Modern Library como unha das 100 mellores novelas en lingua inglesa do século XX. En 2005, a novela foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés dende 1923.

En 1987, foi nomerada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE).

Traxectoria Murdoch naceu en Blessington Street 59 en Dublín. O seu pai, Wills John Hughes Murdoch, proviña dunha familia de granxeiros presbiterianos de Hillhall, (Condado de Down, preto de Belfast), e a súa nai, Irene Alice Richardson (1899–1985) que se preparara como cantante dende nena, pertencía a unha familia anglicana de clase media de Dublín membro da Igrexa Anglicana de Irlanda.

Cando era moi nova, os pais de Murdoch mudáronse a Londres, onde o seu pai traballou como empregado do Ministerio de Saúde. Murdoch foi educada en escolas progresistas: primeiro en Froeble Demonstration School e despois en Badminton School (Bristol) en 1932.

Comezou a estudar clásicos, historia antiga e filosofía no Somerville College, de Oxford. Recibiu un grao con honra de primeira clase en 1942. Tras deixar Oxford pasou a traballar a Londres para HM Treasury. En xuño de 1944 deixou a Treasury e pasou a traballar para UNRRA. Ao principio estivo en Londres na Oficina Rexional Europea da axencia, mais en 1945 foi enviada primeiro a Bruxelas, logo a Innsbruck, e finalmente a Graz, onde traballou nun campo de refuxiados. Deixou a UNRRA en 1946.

Entre 1947 e 1948 estudou filosofía como posgraduada no Newnham College de Cambridge. Coñeceu a Wittgenstein en Cambridge, mais non o tivo como profesor, pois xa deixara o Trinity College antes de que ela chegase. En 1948, converteuse en profesora do St Anne's College, de Oxford, onde deu clases de filosofía ata 1963.

En 1954 escribiu a súa primeira novela, Under the Net, mais xa publicara previamente ensaios sobre filosofía, incluído o primeiro estudo en inglés sobre Jean-Paul Sartre. Dous anos máis tarde coñeceu e casou con John Bayley (1925-2015), profesor de literatura inglesa e tamén escritor. O inhabitual matrimonio durou corenta e cinco anos, e Bayley coidouna ata os seus últimos días. Bailey pensaba que o sexo era "ineludibelmente ridículo". Murdoch, pola contra, tivo "múltiples relacións con homes e mulleres das que, en turbias ocasións, [Bailey] era testemuña el mesmo".

Iris publicou vinte e cinco novelas máis e outros traballos sobre filosofía e drama ata 1995, ano en que comezou a padecer os efectos do alzhéimer, que ao principio atribuíu a «bloqueo de escritor». Faleceu en 1999, aos setenta e nove anos. Bayley volveu casar dous anos despois.

Obras Novelas Under the Net (1954) The Flight from the Enchanter (1956) The Sandcastle (1957) The Bell (1958) A Severed Head (1961) An Unofficial Rose (1962) The Unicorn (1963) The Italian Girl (1964) The Red and the Green (1965) The Time of the Angels (1966) The Nice and the Good (1968) Bruno's Dream (1969) A Fairly Honourable Defeat (1970) An Accidental Man (1971) The Black Prince (1973), gañadora do James Tait Black Memorial Prize The Sacred and Profane Love Machine (1974), gañadora do premio literario Whitbread de ficción A Word Child (1975) Henry and Cato (1976) The Sea, the Sea (1978), gañadora do Booker Prize Nuns and Soldiers (1980) The Philosopher's Pupil (1983) The Good Apprentice (1985) The Book and the Brotherhood (1987) The Message to the Planet (1989) The Green Knight (1993) Jackson's Dilemma (1995)

Relatos Something Special (1957)

Filosofía Sartre: Romantic Rationalist (1953) The Sovereignty of Good (1970) The Fire and the Sun (1977) Metaphysics as a Guide to Morals (1992) Existentialists and Mystics: Writings on Philosophy and Literature (1997)

Teatro A Severed Head (con J.B. Priestley, 1964) The Italian Girl (con James Saunders, 1969) The Three Arrows; The Servants and the Snow (1972) The Servants (1980) Acastos: Two Platonic Dialogues (1986) The Black Prince (1987)

Coleccións de poesía A Year of Birds (1978; edición revisada, 1984) Poems by Iris Murdoch (1997)

Fonte : Centre for Iris Murdoch Studies, Faculty of Arts and Social Sciences Kingston University

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Antonaccio, Maria (2000) Picturing the human: the moral thought of Iris Murdoch OUP. Bayley, John (1999) Elegy for Iris. Picador. Bayley, John (1998) Iris: A Memoir of Iris Murdoch. Gerald Duckworth & Co. Ltd. Bayley, John (1999) Iris and Her Friends: A Memoir of Memory and Desire. W. W. Norton & Company Bove, Cheryl (1993) Understanding Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press. . Byatt. A.S. (1965) Degrees of Freedom: The Early Novels of Iris Murdoch. Chatto & Windus Conradi, P.J. (2001) Iris Murdoch: A Life. W. W. Norton & Company Conradi, P.J. (foreword by John Bayley) The Saint and the Artist. Macmillan 1986, HarperCollins 2001 de Melo Araújo, Sofia & Vieira, Fátima (ed.) (2011) Iris Murdoch, Philosopher Meets Novelist. Cambridge Scholars Publishing. Dooley, Gillian (ed.) (2003) From a Tiny Corner in the House of Fiction: Conversations With Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press Laverty, Megan (2007) Iris Murdoch's Ethics: A Consideration of Her Romantic Vision. Continuum Press Martens, Paul. (2012) "Iris Murdoch: Kierkegaard as Existentialist, Romantic, Hegelian, and Problematically Religious" in Kierkegaard's Influence on Philosophy. Ashgate Publishing. . Mauri, Margarita (ed.) (2014). Ética y literatura. Cinco novelas de Iris Murdoch. Kit-book. . Monteleone, Ester (2012) Il Bene, l'individuo, la virtù. La filosofia morale di Iris Murdoch. Rome, Armando Editore. Morgan, David (2010) With Love and Rage: A Friendship with Iris Murdoch. Kingston University Press. Widdows, Heather (2005) The Moral Vision of Iris Murdoch. Ashgate Press Wilson, A.N. (2003) Iris Murdoch as I Knew Her. Londres, Hutchinson. Zuba, Sonja (2009) Iris Murdoch's Contemporary Retrieval of Plato: The Influence of an Ancient Philosopher on a Modern Novelist. Nova York, Edwin Mellen Press.

Ligazóns externas El príncipe negro Conferencia de Ignacio Echevarría na Fundación Juan March (29 de xaneiro de 2019)

Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Ensaístas Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Filósofos de Irlanda