miniatura|Claudia Llosa foi a directora do primeiro filme peruano nomeado ao premio. O Perú presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1967. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Antes do ano 2009, o Perú participara na competición 15 veces, mais nunca conseguira un nomeamento para o premio. Na 82ª edición dos Óscar, o gañador do Oso de Ouro La teta asustada foi escollido para representar o Perú e o país recibiu o primeiro nomeamento na categoría.
Seis das propostas do Perú foron dirixidas por Francisco J. Lombardi mentres que outras tres foron dirixidas por Armando Robles Godoy.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Perú para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título LLingua Director Resultado 1967(40ª) En la selva no hay estrellas Castelán Armando Robles Godoy 1969(42ª) La muralla verde Castelán Armando Robles Godoy 1972(45ª) Espejismo Castelán Armando Robles Godoy 1983(56ª) Maruja en el infierno Castelán Francisco José Lombardi 1985(58ª) La ciudad y los perros Castelán Francisco José Lombardi 1988(61ª) La boca del lobo Castelán Francisco José Lombardi 1990(63ª) Caídos del cielo Castelán Francisco José Lombardi 1991(64ª) Alias 'La Gringa' Castelán Alberto Durant 1993(66ª) Reportaje a la muerte Castelán Danny Gavidia 1994(67ª) Sin compasión Castelán Francisco José Lombardi 1999(72ª) Pantaleón y las visitadoras Castelán Francisco José Lombardi 2003(76ª) Paloma de papel Castelán Fabrizio Aguilar 2005(78ª) Días de Santiago Castelán Josué Méndez 2006(79ª) Madeinusa Castelán e quechua Claudia Llosa 2007(80ª) Una sombra al frente Castelán Augusto Tamayo 2009(82ª) La teta asustada Castelán e quechua Claudia Llosa 2010(83ª) Contracorriente Castelán Javier Fuentes-León 2011(84ª) Octubre Castelán Daniel Vega Vidal 2012(85ª) Las malas intenciones Castelán Rosario García-Montero 2013(86ª) El limpiador Castelán Adrián Saba 2014(87ª) El evangelio de la carne Castelán Eduardo Mendoza de Echave 2015(88ª) NN Castelán Héctor Gálvez 2016(89ª) Videofilia: y otros síndromes virales Castelán Juan Daniel Fernández 2017(90ª) Rosa Chumbe Castelán Jonatan Relayze 2018(91ª) Wiñaypacha Aimará Óscar Catacora 2019(92ª) Retablo Quechua e castelán Álvaro Delgado-Aparicio 2020(93ª) Canción sin nombre Castelán e quechua Melina León 2021(94ª) Manco Cápac Castelán e quechua Henry Vallejo 2022(95ª) El corazón de la luna Castelán Aldo Salvini 2023(96ª) La erección de Toribio Bardelli Castelán Adrián Saba 2024(97ª) Yana-Wara Aimará Óscar Catacora e Tito Catacora 2025(98ª) Kinra Quechua e castelán Marco Panatonic
Notas
Categoría:Cinema do Perú Perú