Armenia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2002. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2025, quince filmes armenios foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado. Tamén intentaron presentar un filme no ano 1991, sen éxito.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Armenia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1991(64ª)Dzayn barbaro... Armenio 2001(74ª) Lrutyan Simfonia Armenio 2003(76ª) Vodka Lemon Kurdo, armenio, ruso, francés 2009(82ª) Hrashagortsi ashune Italiano Ruben Gevorkyants e Vahe Gevorkyants 2012(85ª) Ete bolore Armenio Nataliya Belyauskene 2016(89ª) Zemletryasenie Armenio Sarik Andreasyan 2017(90ª) Yeva Armenio Anahit Abad 2018(91ª) Spitak Armenio Alexander Kott 2019(92ª) Erken kisher Armenio Edgar Baghdasaryan 2020(93ª) Soghomoni yergery Armenio Arman Nshanian 2021(94ª) Si le vent tombe Francés, armenio, inglés e ruso Nora Martirosyan 2022(95ª) Arshaluysi lusabats’y Armenio, inglés, turco, kurdo e alemán Inna Sahakyan 2023(96ª) Amerikatsi Armenio, inglés e ruso Michael A. Goorjian 2024(97ª) Yashan yev Leonid Brezhnevy Armenio e ruso Edgar Baghdasaryan 2025(98ª) Mes fantômes arméniens Armenio e ruso Tamara Stepanyan

Notas

Categoría:Cinema de Armenia Armenia