Monos é un filme de 2019 dirixido por Alejandro Landes, escrito por Landes e Alexis Dos Santos e producido por Fernando Epstein, Santiago Zapata, Cristina Landes e o propio Landes. Está protagonizado por Julianne Nicholson e Moisés Arias. O filme conta a historia dun grupo de guerrilleiros adolescentes asignados para vixiar un refén. Lanzouse en Colombia o 15 de agosto de 2019 e nos Estados Unidos fíxose o 13 de setembro de 2019 a través de Neon e Participant, recibindo valoracións positivas por parte da crítica.

A súa estrea internacional fíxose no Festival de Sundance o 27 de xaneiro de 2019, onde gañou o Premio Especial do Xurado na categoría World Cinema Dramatic. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Tamén foi o candidato ó Premio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana na XXXIV edición dos premios.

Personaxes Julianne Nicholson como "Doutora" Sara Watson Moisés Arias como Patagrande Sofía Buenaventura como Rambo Julian Giraldo como Lobo Karen Quintero como Lady Laura Castrillón como Sueca Deiby Rueda como Pitufo Esneider Castro como Boom Boom Paul Cubides como Perro Wilson Salazar como o mensaxeiro Jorge Román como o mineiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Colombia Categoría:Filmes ambientados en Colombia