The Witcher é unha serie de televisión polaco-estadounidense de fantasía e drama producida por Lauren Schmidt Hissrich. Está baseada na serie de libros homónima escrita polo escritor polaco Andrzej Sapkowski. A primeira tempada, que consta de oito episodios, estreouse en Netflix o 20 de decembro de 2019. Unha segunda tempada foi anunciada para a súa estrea en 2021.
Ambientado nun mundo ficticio medieval coñecido como "o Continente", The Witcher conta a historia dun solitario cazador de monstros, Geralt de Rivia (Henry Cavill), a maga Yennefer de Vengerberg (Anya Chalotra) e a princesa de Cintran Ciri (Freya Allan), cuxos destinos están entrelazados. A primeira tempada está baseada nos libros Ostatnie życzenie e Miecz przeznaczenia, unha colección de historias curtas que preceden a saga principal de Witcher. Explora eventos que deron forma ós tres personaxes principais, antes dos seus primeiros encontros entre eles.
A primeira tempada estreouse subtitulada en galego en Netflix o 10 de setembro de 2022.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:The Witcher Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Polonia Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión con versión galega