Afganistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2002, despois da caída do goberno talibán. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2019, Afganistán presentou catorce filmes ó Óscar ó mellor filme internacional mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Afganistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2002(75ª) Fire Dancer Dari, inglés 2003(76ª) Osama Dari 2004(77ª) Khakestar-o-khak Dari, paxto 2008(81ª) Opium War Dari, inglés 2009(82ª) 16 Days in Afghanistan Dari, inglés, paxto 2010(83ª) The Black Tulip Dari, paxto, inglés Sonia Nassery Cole 2012(85ª) Sang-e saboor Persa Atiq Rahimi 2013(86ª) Wajma Dari Barmak Akram 2014(87ª) Chand metre moka'ab eshgh Persa Jamshid Mahmoudi 2015(88ª) Utopia Persa Hassan Nazer 2016(89ª) Raftan Persa, dari Navid Mahmoudi 2017(90ª) Namai ba rahis gomhor Dari Roya Sadat 2018(91ª) Rona, madar-e Azim Persa, dari Jamshid Mahmoudi 2019(92ª) Hava, Maryam, Ayesha Persa, dari Sahraa Karimi
Notas
Categoría:Cinema de Afganistán Afganistán