miniatura| A Cantharellula umbonata é un cogomelo umbonado. miniatura|O sombreiro de Psilocybe makarorae é papilado. O umbo, ou umbón é unha prominencia mamiliforme (en forma de mamila), localizada no centro do píleo ou sombreiro dun cogomelo da familia das agaricáceas. Os sombreiros (e os fungos) que posúen esta característica denomínanse umbonados.
Etimoloxía Os termos umbo e umbón derivan do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".
Tipos de umbos Os umbos que son pronunciadamente finos denomínanse agudos. Pola contra, os máis arredondados chámanse umbos anchos. Se o umbo é máis ben alongado, presenta unha cima arredondada e está ben delimitado —dalgunha maneira, parécese a unha mamila feminina—, denomínase mamilado ou papilado.Stuntz, D. E.; Largent D. L.; Thiers, H. D.; Johnson, D. J. & Watling R. (1978): How to Identify Mushrooms to Genus I. Eureka, California: Mad River Press. ISBN 978-0-9164-2200-4, pp. 12–13.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.
Categoría:Termos botánicos Categoría:Termos de micoloxía