O termo umbo, ou umbón, derivada do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo", pode referirse a:
Antigüidade e Idade Antiga Umbo, unha peza de forma abovedada ou cónica, normalmente metálica (de cobre ou de ferro), que se colocaba na parte central externa dos escudos, con finalidade defensiva ou ofensiva. Anatomía Umbo, é unha pequena depresión no centro da fóvea. Umbo timpánico, unha parte da membrana timpánica. Botánica Umbo, ou umbón, é unha área máis elevada, localizada no centro do píleo ou sombreiro dun cogomelo. Zooloxía Umbo, o vértice, a parte mais antiga das valvas dun molusco bivalvo, próxima ao seu ligamento (estrutura que une ambas as valvas).