Natalia Sergeevna Goncharova (en ), nada en Nagaevo (gobernación de Tula) o 21 de xuño de 1881 e finada París o 17 de outubro de 1962 foi unha artista de vangarda rusa, pintora, deseñadora de vestiario, escritora, ilutstrado e deseñadora de escenarios. Foi parella do artista Mikhail Larionov e membro fundadora de Valet de Diamantes (190-1911), primeiro gurpo de exposición radical independente de Moscova, e do máis radical Rabo de Asno (1912–1913). Con Larionov inventou raionismo (1912-1914). Tamén foi membro do movemento artístico con base en Alemaña Der Blaue Reiter. Mudouse a París en 1921 e viviu alí ata a súa morte.

A súa pintura influíu na vangarda rusa. As súas exposicións tiveron lugar en Moscova e San Petersburgo (1913 e 1914), e na primeira foi promovida como "nova" artista por unha galería independente. Cando chegou o período prerrevolucionario a Rusia, onde a pintura e o debuxo de iconas eran unha profesión segura, a súa achega moderna representación das iconas eran transgresoras e problemáticas. A súa obra adoita ser considerada demasiado específica culturalmente da súa herdanza eslava para ser considerada universalmente como de vangarda.

Legado A obra de Goncharova atópase en numerosas institucións públicas: Museum of Modern Art Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa Tate Israel Museum McNay Art Museum Guggenheim, Nova York

Mercado miniatura|Retrato de Natalia Goncharova por Mikhail Larionov (1915) O 18 de xuño de 2007, a pintura de Gonchareva Recollendo mazás (1909) foi vendida nunha poxa en Christie's por 9,8 millóns de dólares, establecendo un récord para unha muller artista nese tempo. Está considerada unha das mulleres artistas máis valiosas nunha poxa.

Tributos O 3 de xullo de 2017, Google celebrou o 136.º aniversario do seu nacemento cun Google Doodle.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Laura Cumming (9 de xuño de 2019). Natalia Goncharova; Lee Krasner review – brilliant, bold and trailblazing. The Observer. Consultado en novembro de 2019. Ligazóns externas Great Soviet Encyclopedia Information on Goncharova Natalia Goncharova Biography, Artworks and Writings

Categoría:Nados no óblast de Tula Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Pintores de Rusia