miniatura|300px|Células A549 vistas con microscopía DIC, dun cultivo de 3-4 días, mostrando unha abundancia de conexións intercelulares, incluíndo posibles citonemas, filopodios e outras pontes epiteliais. (Estas células endocitaron nanobastonciños de ouro coloidal de 25x73 nm.)

As células A549 son unha liña celular de adenocarcinoma epitelial basal alveolar humano, que se empezou a desenvolver en 1972 por D. J. Giard, et al., derivadas da extracción e cultivo de tecido canceroso pulmonar do tumor explantado dun paciente. As células son utilizadas como modelos para o estudo do cancro pulmonar e o desenvolvemento de fármacos para a súa terapia.

Características

As células A549 que se encontran no seu tecido pulmonar de orixe son escamosas e responsables da difusión dalgunhas substancias, como auga e electrólitos, a través dos alvéolos. Se as células A549 se cultivan in vitro, crecen como monocapa; adherindose ao frasco de cultivo. As células poden sintetizar lecitina e conteñen altos niveis de ácidos graxos insaturados, que son importantes para manter os fosfolípidos de membrana. As células A549 son amplamente utilizadas como modelo das células epiteliais pulmonares de tipo II para o metabolismo de fármacos e como hóspedes de transfección. Cando crecen durante un tempo suficientemente longo en cultivo celular, as células A549 poden empezar a diferenciarse, como sinala a presenza de corpos multilamelares.

Usos

As células A549 serviron como modelo de epitelio pulmonar de tipo II, sendo útiles nas investigacións que examinan o procesamento metabólico de tecido pulmonar e os posibles mecanismos da entrega de fármacos ao tecido. No contexto do desenvolvemento de fármacos de cancro pulmonar, as células serviron como campo de proba para novos fármacos, como paclitaxel, docetaxel e bevacizumab, tanto in vitro coma in vivo por medio de cutivo celular e xenoenxertos, respectivamente. O monitoreo dunha soa célula da liña A549 permitiu facer perfís de árbores de pedigree elaborados e demostrou correlacións no comportamento entre células irmás. Tales observacións de correlacións poden utilizarse como medidas representativas para identificar o estrés celular e a herdanza como resposta ao tratamento con fármacos. As A549 tamén se empregaron en investigación viral e a expresión de proteínas asociada, que cambia como consecuencia da infección viral. Aínda que a A549 é unha liña celular cancerosa, tamén foi estudada a súa resposta á tuberculose, especificamente a produción de quimicinas, que é inducida polas bacterias invasoras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrada de Cellosaurus para A549

Categoría:Liñas celulares