Sound of Silver é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de dance-punk LCD Soundsystem, publicado o 12 de marzo de 2007 a través do selo Capitol Records no Reino Unido e de DFA Records nos Estados Unidos o 20 de marzo. Sound of Silver foi producido por The DFA e gravado no ano 2006 nos estudios Long View Farm en North Brookfield, Massachusetts, e DFA Studios na cidade de Nova York.

O disco foi aclamado pola crítica e foi nomeado ao premio ao mellor álbum de electrónica/dance na 50ª edición dos Grammy. O grupo publicou posteriormente un EP, titulado A Bunch of Stuff, que estaba composto integramente por covers, versións alternativas e remesturas de cancións deste álbum. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.

Gravación e composición James Murphy gravou Sound of Silver en Long View Farm, Massachusetts, onde xa traballara no álbum de estrea homónimo de LCD Soundsystem. A Murphy resultoulle incómodo gravar as súas propias voces e describiu a experiencia como "horrible". Cubriu todo o estudio con tea prateada e papel de aluminio durante o proceso. Para a gravación do seguinte álbum de LCD Soundsystem, This Is Happening, Murphy levou unha das pezas orixinais de tea prateada ao estudio de gravación dos Ánxeles e colgouna no estudio de Rick Rubin, The Mansion.

Musicalmente, Sound of Silver foi descrito como dance-punk, dance-rock, electrónica, rock electrónico, e indie rock.

Varias cancións incorporan elementos da composición de seis partes e 46 minutos de duración da banda, "45:33", de 2006, en particular "Someone Great", que aparece en "45:33" como instrumental.

O álbum está dedicado á "memoria do Dr. George Kamen (1942-2006), unha das grandes mentes da súa xeración ou de calquera outra".Libreto do CD O Dr. Kamen, un médico de orixe búlgara, foi un pioneiro da terapia de grupo e estableceu unha consulta na cidade de Nova York. Suxeriuse que a perda de "alguén" ao que se fai referencia na canción "Someone Great" alude a Kamen.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de LCD Soundsystem Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de DFA Records Categoría:Álbums de Capitol Records