Tiempo de morir é un filme colombiano de 1985 dirixido por Jorge Alí Triana e protagonizado por Gustavo Angarita, María Eugenia Dávila e Sebastián Ospina.Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano, Largometrajes Colombianos En Cine y Video: 1915–2004 p. 107 O guión, escrito por Gabriel García Márquez, foi rodado dúas veces antes deste filme, primeiro en 1965 polo director mexicano Arturo Ripstein, e en 1982 tamén por Jorge Alí Triana nunha serie de televisión producida por RTI Producciones.
Usando o estilo do western, o filme aborda temas como o machismo, a honra de familia e a vinganza.Schwartz, Latin American Films, p. 241 Foi escollido como candidato colombiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 59ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Tiempo de morir foi moi ben acollido pola crítica e foi considerado un dos mellores filmes colombianos da década de 1980, xunto con Cóndores no entierran todos los días e Milagro en Roma.
Personaxes Gustavo Angarita como Juan Sayago María Eugenia Dávila como Mariana Sebastián Ospina como Julián Moscote Jorge Emilio Salazar como Pedro Moscote Reynaldo Miravalles como Casildo Enrique Almirante como o alcalde Lina Botero como Sonia Nelly Moreno como prostituta Carlos Barbosa como o doutor Héctor Rivas como Don Tulio Edgardo Román como Diego Lucy Martínez como Rosa Mónica Silva como nai de Sonia Luis Chiappe como o barbeiro Alicia de Rojas como criada de Mariana Giovanni Vargas como fillo de Mariana Berta Catano como Dolores César Ambalema como policía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 59ª edición dos Óscar Bibliografía Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano. Nieto, Jorge (edit), Largometrajes Colombianos En Cine y Video: 1915-2004, Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano, Ministerio de Cultura, 2006, Schwartz, Ronald. Latin American Films, 1932 -1994: A critical filmography, Mc Farland & Company, Londres, 1997, Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes ambientados en Colombia Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Cuba