Menno Simons, nado en Wytmarsum en 1496 e fnado en Wüstenfelden o 31 de xaneiro de 1561, foi un líder relixioso anabaptista neerlandés. Simons foi contemporáneo dos reformadores protestantes e os seus seguidores foron coñecidos como menonitas.
"Menno Simons" é a versión neerlandesa do seu nome. A versión frisoa é Minne Simens,Hendrik Twerda, Fan Fryslâns Forline, Bolsward, 1968 (Utjowerij A.J. Osinga), p. 128. en que o posesivo "s" crea un patronímico que significa "Minne, fillo de Simen".
Traxectoria Simons naceu en 1496Menno's life. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009. nunha familia de aldeáns en Wytmarsum, provincia de Frisia (Sacro Imperio Romano Xermánico). O seu pai chamábase Simon e tivo un irmán chamado Pieter.Menno Simons (1496-1561). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 20 de abril 2009.
Foi destinado polos seus padres ao sacerdocio católico. Foi ordenado sacerdote en 1515 ou 1516 en Utrecht. Sendo párroco da súa aldea natal, separouse da Igrexa católica o 12 de xaneiro de 1536, para unirse aos anabaptistas pacifistas, despois de estudar con detemento a Biblia e vivir un proceso de afastamento dos dogmas católicos.
En 1537 foi ordenado en Groninga como bispo anabaptista. O seu labor tivo éxito, de xeito que un edicto do emperador Carlos V ofreceu recompensa de 100 moedas de ouro pola súa cabeza e indulto por calquera delito cometido por quen o entregase.
En 1543 foi enviado ao noroeste de Alemaña onde se dedicou os dezaoito últimos anos da súa vida a construír igrexas, ao tempo que proseguía o seu traballo en Frisia.
Estivo en Colonia, Holstein, Prusia e outros lugares, sempre organizando e predicando, acosado polos perseguidores. Aínda que se sabe que estaba casado con Geertruydt e tivo polo menos un fillo e dúas fillas,Geertruydt (16th century). Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Consultado o 26 de outubro de 2012. as condicións de clandestinidade impediron rexistrar máis detalles da súa vida familiar.
Foi notoria a súa preocupación pola divulgación escrita dos puntos de vista anabaptistas nas diferentes linguas da rexión en que traballaba, para o que, cun impresor identificado só como B.L., estableceu unha imprenta en Lübeck, que debeu trasladar a Oldesloe (Holstein) e posteriormente en 1554 ao próximo refuxio anabaptista en Wüstenfelde, onde falceu o 31 de xaneiro de 1561 e foi sepultado no seu xardín.
Obras Van de Geestlijke Verrijsenisse (ca. 1536; "A resurrección espiritual") De nieuwe Creatuere (ca. 1537; "O novo nacemento") Christelycke leringhen op den 25. Psalm (ca. 1538; "Meditación sobre o salmo 25") Why I Do Not Cease Teaching and Writing (1539; "Por que non paro de ensinar e escribir") Dat Fundament des Christelycken leers (1539–40; "Fundación da doutrina cristiá")Menno's Foundation-Book. Menno Simons.net. Consultado o 15 de abril de 2009.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Krahn, Cornelius and Cornelius J. Dyck. (1989) "Menno Simons (1496-1561)"; Global Anabaptist Mennonite Encyclopedia Online. Bender, Harold Stauffer & John Horsch (1979) Menno Simons - su vida y sus escritos. Herald Press. ISBN 0836112180 texto completo Williams, George H. (1983) La reforma radical: 422-434; 524-528, 538. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-1332-5 Estep, William Roscoe The Anabaptist Story: An Introduction to Sixteenth-Century Anabaptism Ligazóns externas Menno Simons dibujado Menno Simons.net
Categoría:Nados en Frisia Categoría:Nados en 1496 Categoría:Finados en 1561 Categoría:Personalidades do cristianismo dos Países Baixos Categoría:Personalidades do protestantismo Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina